O Hispano-Suiza H6 é un coche de luxo que foi fabricado pola marca catalá Hispano-Suiza, maioritariamente en Francia. Presentado en 1919 no Salón do Automóbil de París, o H6 foi fabricado até 1933.

Especificacións O Hispano-Suiza H6 foi equipado cun motor de seis cilindros en liña de aluminio, con 6.597 centímetros cúbicos, inspirado no deseño de Marc Birkigt para motores de aeronaves. Á parte da nova árbore de levas en cabeza (OHC), en esencia era o deseño V12 de Birkigt para aviación. O Hispano-Suiza H6B de 1922 era un pouco máis potente. Nos H6C utilizouse un motor de 8,0 litros (7983 cc).Hispano Suiza H6C Monza. Ultimatecarpage.com.Hispano Suiza H6C Kellner Landaulet. Ultimatecarpage.com.

Unha das características máis notábeis do H6 eran os seus freos; tiña tambores de aliaxe lixeira nas catro rodas e servofreo mecánico.

O H6 foi substituído en 1933 polo J12, que inicialmente utilizou un motor V12 de nove litros e medio.

Produción Algúns dos primeiros H6 fabricáronse no complexo industrial de Hispano-Suiza situado en La Sagrera, Barcelona, pero a maioría destes autos construíronse na división francesa de Hispano-Suiza situada no municipio de Bois-Colombes.

100 exemplares do H6 foron producidos por Škoda baixo licenza en Checoslovaquia dende 1926 até 1929. Nos H6 checoslovacos a relación de compresión limitouse a 4,5:1 e a potencia do motor a 100 HP (75 kW) a 1800 rpm.

Contando todas as versións do Hispano-Suiza H6, foron producidas 2350 unidades.Hispano Suiza 1934 . Classiccarcatalogue.com.

Versións especiais H6B de carreiras En 1922 construíuse unha serie de cinco unidades do H6B de carreiras, con distancias entre eixos máis curtas e motores máis potentes. Estes foron denominados "Boulogne", para celebrar a tripla vitoria do H6 na carreira de autos deportivos en Boulogne polos pilotos Dubonnet, Garnier e Boyriven en 1923. Woolf Barnato pilotou un Boulogne até acadar oito marcas internacionais, incluída unha media de 92 mph (148 km/h) en 300 millas (480 km) en Brooklands, en 1924.

H6A de seis rodas thumb|O Hispano-Suiza H6A de seis rodas (1923). O rei de Grecia Constantino I ordenou un Hispano-Suiza H6A de seis rodas, pero despois da súa abdicación este auto único foi comprado polo director de cinema D. W. Griffith por $35000.

A carrozaría do H6A foi deseñada por Leon Rubay, e a fabricación do auto realizouse en Barcelona en 1923.1923 Hispano Suiza Victoria Town Car. www.forneymuseum.org. Agora este coche atópase no Museo Forney en Denver, Colorado.

H6C Dubonnet Boulogne Targa Florio Speedster thumb|Hispano-Suiza H6C Dubonnet Boulogne Targa Florio Speedster (1924). En 1924 André Dubonnet, un enxeñeiro e piloto francés de avións e coches de carreiras, comprou un chasis de Hispano-Suiza para construír un automóbil lixeiro e aerodinámico, que foi chamado H6C Dubonnet Boulogne Targa Florio Speedster (tamén coñecido como H6C Tulipwood Torpedo).

O H6C Dubonnet Targa Florio Speedster é un exemplar único que posúe unha carrozaría feita de madeira de caoba fabricada con milleiros de remaches de aluminio, a cal foi deseñada polo enxeñeiro Henri Chasseriaux na empresa Nieuport-Astra e só pesa 72,5 kg. As dimensións do auto son 5537 mm de longo e 1791 mm de largo, e pesa 1583 kg.

Mecanicamente, conta cun motor Hispano-Suiza de 6 cilindros en liña que desenvolve unha potencia de 195 HP a 3000 rpm. André Dubonnet competiu con este Hispano-Suiza na Targa Florio de 1924, e ficou na sexta posición.

O H6C Dubonnet Boulogne Targa Florio Speedster estivo en exposición durante anos no Museo Blackhawk preto de Danville, California.

En agosto de 2022, o H6C Tulipwood Torpedo foi poxado en California por RM Sotheby's, sendo vendido por 9 245 000 dólares.Vendido por una cifra récord este Hispano-Suiza H6C “Tulipwood” Torpedo de 1924. Periodismodelmotor.com.

H6B Dubonnet Xenia thumb|Hispano-Suiza H6B Dubonnet Xenia (1938). En 1938, André Dubonnet ordenou a construción dun Hispano-Suiza H6B único, que foi chamado H6B Dubonnet Xenia (este último nome en homenaxe á súa falecida esposa), no que se instalou o motor de 8.0 L e 160 HP do H6C e unha suspensión personalizada. Este exemplar único ten unha carrozaría que foi deseñada polo carroceiro Saoutchik, e serviu como o automóbil persoal de Dubonnet, ademais de servir tamén como unha mostra das súas tecnoloxías automotrices e innovacións aerodinámicas.

O H6B Dubonnet Xenia é actualmente propiedade de Peter W. Mullin e está en exhibición no Museo do Automóbil de Mullin en Oxnard, California.

O superdeportivo Hispano-Suiza Carmen está inspirado no H6B Dubonnet Xenia.

Notas

Categoría:Modelos de automóbiles Categoría:Hispano-Suiza