Os Estados Unidos contra Billie Holiday (en ) é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Lee Daniels. É un drama biográfico sobre a cantante Billie Holiday, e baséase no libro Chasing the Scream: The First and Last Days of the War on Drugs de Johann Hari. Está protagonizado por Andra Day no papel titular, xunto con Trevante Rhodes, Garrett Hedlund, Leslie Jordan (na súa derradeira aparición cinematográfica), Miss Lawrence, Adriane Lenox, Natasha Lyonne, Rob Morgan, Da'Vine Joy Randolph, Evan Ross e Tyler James Williams.

Estreouse en galego o 9 de agosto de 2023 a través da TVG. A dobraxe foi dirixida por Isabel Vallejo e a tradución do texto é obra de Adrián Ramos.

Personaxes

Andra Day como Billie Holiday Trevante Rhodes como Jimmy Fletcher Garrett Hedlund como Harry J. Anslinger Leslie Jordan como Reginald Lord Devine Miss Lawrence como Miss Freddy Adriane Lenox como Mrs. Fletcher Natasha Lyonne como Tallulah Bankhead Rob Morgan como Louis McKay Da'Vine Joy Randolph como Roslyn Evan Ross como Sam Williams Tyler James Williams como Lester Young Tone Bell como John Levy Blake DeLong como Axente Carter Randy Davison como Senador J. McCarthy Dana Gourrier como Sadie Fagan Melvin Gregg como Joe Guy Erik LaRay Harvey como Jimmy Monroe Ray Shell como Carl the Drummer Furly Mac como James

Notas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Lee Daniels Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego