miniatura|337x337px|Sagrado Corazón de Xesús no Santuario das Aparicións, en Pontevedra. O Sagrado Corazón de Xesús é unha devoción católica referida ao corazón de Xesús Cristo, como un símbolo de amor divino. A devoción ao Sagrado Corazón tivo a súa orixe nunha corrente mística centrada na persoa de Xesús Cristo, que concibía o corazón como centro vital e expresión da súa entrega e amor total. En tal sentido, a devoción ao Sagrado Corazón refírese en particular aos sentimentos de Xesús, e en especial ao seu amor, segundo o resume o Evanxeo de San Xoán:
Historia da devoción ao Sagrado Corazón de Xesús Esta devoción tivo unha gran divulgación no século XIII. San Boaventura de Fidanza, franciscano italiano e doutor da Igrexa, foi un gran devoto do Sagrado Corazón de Xesús. Outro devoto foi o dominico e doutor da Igrexa Santo Alberte Magno. A mística e estigmatizada belga Santa Lutgarda de Tongres foi a primeira persoa en reportar ter visións do Sagrado Corazón a finais do século XII, cinco séculos antes das visións de Santa Margarita María Alacoque. Esta devoción foi divulgada polas monxas cistercienses alemás Santa Matilde de Hackeborn e Santa Xertrude de Helfta e estivo presente na espiritualidade da terciaria franciscana Santa Ángela de Foligno. miniatura|167x167px|Medalla de Hubert Ponscarme dedicada ao Sagrado Corazón de Xesús. No século XIV, foron grandes devotos do Sagrado Corazón a dominica e doutora da Igrexa Santa Catarina de Siena e o dominico beato Enrique Suso.
San Xoán Eudes foi un gran devoto do Sagrado Corazón de Xesús e do Inmaculado Corazón de María. É o autor do primeiro oficio litúrxico en honra do Sagrado Corazón de Xesús, cuxa festa solemne se celebrou por primeira vez, co beneplácito de moitos bispos franceses, o 20 de outubro de 1672. En 1681 publicouse a súa obra titulada «A devoción ao Sagrado Corazón de Xesús». dereita|miniatura|Escudo da Orde da Visitación. Francisco de Sales (séculos XVI-XVII) tamén foi devoto do Sagrado Corazón e a Orde da Visitación, que fundou en 1625, fíxose tamén para propagar esta devoción. O escudo da orde é o Sagrado Corazón de Xesús con dúas frechas.
Santa Margarida María de Alacoque entrou no convento das visitandinas de Paray-le-Monial o 20 de xuño de 1671. Tomou o hábito o 25 de agosto, día de San Lois, rei de Francia. A partir do 27 de decembro de 1673 tivo unha serie de revelacións de Xesús para promover esta devoción. O xesuíta beato Claude en Colombiere axudoulle a difundila.
En 1917, nas aparicións de Fátima, o anxo e a Virxe ensinaron aos nenos a como rezar e responder os designios dos Corazóns de Xesús e María.
A través das xesuítas, o culto e devoción ao Sagrado Corazón chega a España e á América española.
Véxase tamén
Parroquias de Galicia baixo a advocación do Sagrado Corazón de Xesús.
Notas
Categoría:Xesús de Nazaret Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia