Jaime Ruiz Álvarez, nado en Xixón o 22 de febreiro de 1987, é un árbitro de fútbol español, que milita na Primeira División RFEF.

Traxectoria Xogou ao fútbol como porteiro na canteira do Sporting de Gijón e no CODEMA, onde en idade cadete sufriu unha lesión que o obrigou a abandonar a práctica do fútbol. Decidiu entón converterse en árbitro e tras varios anos realizando dita función no fútbol base, na tempada 2006/07 deu o salto á Terceira División, estreándose nun partido entre o Avilés Industrial e o Praviano. Militou durante dúas campañas na categoría, ascendendo para a tempada 2008/09 á Segunda División B, na que estivo outros dous anos, sendo naquel momento o colexiado máis novo da categoría. Tras un breve regreso a Terceira, estableceuse na Segunda B, na que arbitrou durante dez anos consecutivos. En 2021 pasou a dirixir encontros da nova Primeira División RFEF.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en BDFutbol .

Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1987 Categoría:Árbitros de fútbol de España Categoría:Personalidades sen imaxes