miniatura|Saturno devorando un fillo. miniatura|Terreo e casa da Quinta de Goya en 1828. A gran maqueta ou "Modelo de Madrid" de León Gil de Palacio, que conserva o Museo de Historia de Madrid, inclúe a casa onde residiu Francisco de Goya.Revista Descubrir el Arte, nº 201, novembro de 2015, páxinas 18-24. ISSN 1578-9047. thumb|Duelo a garrotazos.

Pinturas negras (1819-1823) é o nome que recibe unha serie de catorce obras murais de Francisco de Goya, pintadas coa técnica de óleo al secco (sobre paredes recubertas de xeso). Creounas como decoración dos muros da súa casa, chamada a Quinta del Sordo,Iberic@l, Revue d’études ibériques et ibéro-américaines, nº 10, otoño 2016, pp. 219-232. "La casa de Goya en la Quinta del Sordo, en 1828". CRIMIC, Université Paris-Sorbonne. que adquirira en febreiro de 1819. Estes murais foron trasladados a lenzo a partir de 1874, e actualmente consérvanse no Museo do Prado de Madrid

A serie, a cuxos óleos Goya non puxo título, díxose que foi inventariada en 1828 cos bens da quinta á morte de Goya polo seu amigo Antonio de BrugadaForon variadas as propostas de título para estas pinturas. A máis temperá débese ao inventario de bens do pintor que Antonio Brugada realizou trala morte de Goya. e componse dos seguintes lenzos: Átropos ou As Parcas, Dous vellos ou Un vello e un frade, Dous vellos comendo sopa, Duelo a garrotazos ou La riña, O aquelarre, Homes lendo, Judith e Holofernes, A romaría de Santo Isidro, Dúas mulleres e un home, Peregrinación á fonte de Santo Isidro ou Procesión do Santo Oficio, Can semiafundido ou máis simplemente O can, Saturno devorando un fillo, Unha manola: dona Leocadia Zorrilla e Visión fantástica ou Asmodea.

A casa de Goya, xunto coas pinturas murais, pasou a ser propiedade do seu neto Mariano Goya en 1823, ano no que Goya cedeulla, ao parecer para preservar a propiedade de posibles represalias logo da restauración da monarquía absoluta e a represión de liberais fernandina. Durante 50 anos a existencia das Pinturas negras foi escasamente coñecida (só algúns críticos, como Charles Yriarte, as describiron).Charles Yriarte, Goya, sa vie, son oeuvre (1867). A partir de 1874, e nun lento proceso que durou varios anos, foron trasladadas de revoco a lenzo por Salvador Martínez Cubells a instancias do barón Émile d’Erlanger,Cfr. Valeriano Bozal (2005), vol. 2, páx. 247: un banqueiro e coleccionista de arte francés de orixe alemá que se fixera coa propiedade do terreo con intención de preservar as pinturas, ameazadas de desaparición xunto coa casa.Ao morrer Javier Goya en 1854, a quen o seu fillo Mariano traspasara a propiedade, os acredores hipotecarios e crediticios esixíronlle a venda do terreo en pública poxa, mais no houbo comprador nin nese ano nin nos seguintes. En 1859 adquiriuna Segundo Colmenares que tiña un proxecto de urbanización da zona, mais por dificultades económicas traspasoulla cos terreos lindeiros a Luis Rodolfo Coumont, residente en Bruxelas. Foi entón cando Yriarte visitou la Quinta. En 1873, coñecedor da existencia das pinturas, Erlanger fíxose coa propiedade da casa, próxima xa á ruína, encargou a Laurent unha reportaxe fotográfica e encomendou a Martínez Cubells o trasladalas a lenzo: Hervás (2019), pp. 33-42. Erlanger presentou as pinturas na Exposición Universal de París de 1878, tense dito que con intención de vendelas, sen logralo, aínda que outros testemuños indican que o seu propósito foi dende o primeiro momento o de facer doazón delas ao Museo do Prado, como en efecto fixo en 1881.Hervás (2019), pp. 43-45. En realidade, pouco estimadas polo gusto académico dominante naqueles anos, o seu paso pola exposición parisiense apenas suscitou algún comentario e tampouco o houbo tralo seu ingreso no museo, onde unha parte delas non se expuxo ata 1898, cando o fillo do barón presentou unha reclamación.Hervás (2019), p. 45.

As Pinturas negras no seu contexto orixinal miniatura|esquerda|180px|Cabezas nunha paisaxe é, con probabilidade, a «décimo quinta» pintura negra, perdida posteriormente, que se conserva na colección Stanley Moss de Nova York. Goya adquiriu este terreo á beira do río Manzanares, preto da ponte de Segovia e con vistas cara a pradeira de Santo Isidro, en febreiro de 1819. Especúlase que era para poder vivir alí con Leocadia Weiss, a salvo de rumores, xa que estaba casada con Isidoro Weiss. Era a muller coa que tiña unha relación e posiblemente unha filla pequena, Rosario, dos dous nenos que tiña ao seu cargo. Como en novembro dese ano Goya sofre unha grave enfermidade —da que Goya atendido polo doutor Arrieta (1820) un testemuño estarrecedor—, o artista puido comezar a decoración dos muros da súa casa entre febreiro e novembro de 1819. O certo é que as Pinturas negras foron pintadas sobre imaxes campestres de pequenas figuras, cuxas paisaxes aproveitou nalgunha ocasión, como no Duelo a garrotazos. Se estas pinturas de ton ledo foron tamén obra do aragonés, podería pensarse que a crise da enfermidade unida quizais aos turbulentos sucesos do Trienio Liberal, levara a Goya a repintar estas imaxes.Valeriano Bozal (2005), vol. 2, páxs. 248-249. Bozal inclínase a pensar que efectivamente os cadros preexistentes eran de Goya, debido a que só así se entende que reempregara algún dos seus materiais; con todo, Glendinning asume que as pinturas «xa adornaban as paredes da Quinta del Sordo cando a mercou».Glendinning (1993), páx. 116. En todo caso, a realización das pinturas da quinta podería datar de 1820. A data de finalización da obra non pode ir máis aló de 1823, ano no que Goya marcha a Bordeos e cede o terreo ao seu neto Mariano,Arnaiz (1996), páx. 19. probablemente temendo represalias contra a súa persoa logo da caída de Riego. En 1830 Mariano de Goya transfire o terreo ao seu pai, Javier de Goya.

Unha recente teoría ten querido atribuír a autoría das Pinturas negras a Javier de Goya (fillo do pintor); con todo, Bozal e Glendinning,Nigel Glendinning, "Las pinturas Negras de Goya y la Quinta del Sordo. Precisiones sobre las teorías de Juan José Junquera", Archivo Español de Arte, xullo-setembro de 2004, tomo LXXVII, núm. 307, pp. 233 a 245. dous dos máximos coñecedores da obra pictórica de Goya, rexeitan esta hipótese. É difícil imaxinar que este feito extraordinario non fora coñecido polos seus contemporáneos. A técnica pictórica, a calidade da pincelada, os tipos humanos grotescos, os temas obsesivos, que xa están presentes na obra goyesca anterior e posterior, fan infundada a atribución a Javier de Goya.

O chamado inventario de Antonio de Brugada menciona sete obras na planta baixa e oito na alta.O que se coñece como Inventario Brugada é, en realidade, un documento sen sinatura nin data e actualmente perdido. Foi publicado por Xavier Desparmet Fitz-Geraldd que puido consultar unha copia incompleta en poder da viúva de Brugada contra o 1875, razón pola que atribuíu a autoría a Brugada e supuxo que o tería realizado en Madrid en 1828, á morte de Goya e en relación coa súa herdanza. Mais, exiliado en Francia e perseguido en España polas súas ideas liberais, non hai ningunha proba de que viaxara a Madrid nesa data, polo que Jeaninne Baticle, aceptando como imposible que fixera o inventario á morte de Goya e dende a distancia, supuxo que o faría en 1823, antes de marchar a Francia, aínda que nada indica que Brugada tivera trato con Goya antes de encontrarse con el en Bordeos. Contra ese adianto da data de realización do inventario tamén se posiciona Junquera con fontes documentais e argumentos filolóxicos, como a mención que se fai nel dun vargueño ou bargueño e un sillonceto Luis XV, voces que só aparecerán no castelán a finais do século XIX: Junquera (2003), pp. 357-358. Tamén Hervás (2019) pp. 25-26. Con todo, ao Museo do Prado só chegaron catorce. Charles Yriarte (1867) menciona así mesmo a existencia dunha pintura máis das que se coñecen na actualidade, aínda que só describe trece e advirte que outra xa fora arrincada do muro cando visitou o terreo, sendo trasladada ao palacio de Vista Alegre, que daquela pertencía ao marqués de Salamanca. Moitos críticos consideran que polas súas medidas e o seu tema, esta sería Cabezas nunha paisaxe (Nova York, colección Stanley Moss).Cabezas en un paisaje con comentario.

O outro problema de localización radica na titulada Dous vellos comendo sopa, da que se ten dubidado se era sobreporta do andar alto ou baixo. Deixando este detalle á parte, a distribución orixinal na Quinta del Sordo segundo Yriarte era como segue:Existen reconstrucións virtuais deste espazo en liña en artarchive.com e theartwolf.com miniatura|300px|Unha das hipóteses da localización orixinal das Pinturas negras na Quinta del Sordo. Andar baixo: Tratábase dun espazo rectangular. Nos lados longos existían dúas ventás próximas aos muros curtos. Entre elas aparecían dous cadros de gran formato moi apaisado: A romaría de Santo Isidro á dereita, segundo a perspectiva do espectador e O aquelarre á esquerda. Ao fondo, no lado curto enfrontado ao da entrada, unha ventá no centro con Judith e Holofernes á súa dereita e o Saturno devorando un fillo á esquerda. A ambos os lados da porta se situaban A Leocadia (fronte a Saturno) e Dous vejllos ou Un vello e un frade fronte a Judith. Andar alto: Das mesmas dimensións que o andar baixo, con todo, só tiña unha ventá central nos muros longos, a cuxos lados se situaban dous óleos. Na parede da dereita conforme se entraba encontrábanse Visión fantástica ou Asmodea preto do espectador e O Santo Oficio, que cita como a Peregrinación máis afastada. No da esquerda estaban Átropos ou As Parcas e Duelo a garrotazos sucesivamente. No muro curto do fondo víase Dúas mulleres e un home á dereita do vano e á esquerda Homes lendo. A man dereita da porta de entrada encontrábase O Can e á esquerda puido situarse Cabezas nunha paisaxe.

Nunha das sobreportas estaría Dous vellos comendo sopa, non citado por Yriarte, que Glendinning sitúa na da sala baixa, polo deseño do papel pintado que aparece na súa correspondente fotografía de Laurent, dato apuntado tamén por outro viaxeiro francés, Pierre Léonce Imbert que visitou a propiedade en 1875.Hervás (2019), p. 67. Imbert informou da súa visita e deu detalles da colocación das pinturas coincidente coa de Yriarte e algo máis precisa nalgúns aspectos en L'Espagne. Splendeurs et misères. Voyage artistique et pittoresque, París, ed. Plon et Cie, 1875, pp. 325-331. Dúas novas investigacións confirman esta situación, aínda que con diferente distribución do resto das pinturas. "Las Pinturas negras en la Quinta de Goya. Reconstrucción de la planta baja, con las fotografías de J. Laurent de 1874". Goya en la Literatura, en la Música y en las Creaciones Audiovisuales. Actas del Seminario Internacional, Zaragoza, Institución Fernando el Católico, 2019, pp. 401-412. ISBN 978-84-9911-557-3.Carlos Foradada, Goya recuperado en las Pinturas negras y El coloso, Gijón, Ediciones Trea, 2019, p. 93. ISBN 978-84-9704-872-9.

Esta disposición e o estado orixinal das pinturas poden coñecerse, ademais de polos testemuños escritos, polo inventario fotográfico que levou a cabo in situ J. Laurent no ano 1874.Carlos Teixidor, "Fotografías de Laurent en la Quinta de Goya", en revista Descubrir el Arte, nº 154, decembro de 2011, páxs. 48-54. O encargo fotográfico orixinouse cando un novo propietario da casa, o barón de Erlanger, contratou o restaurador do Museo do Prado Martínez Cubells para arrincar as pinturas e pasalas a lenzo. E as fotografías de Laurent foron unha guía certeira no proceso de arrinque e traslado das pinturas. Dende a década anterior, as previsións de especulación inmobiliaria na zona, facían temer aos historiadores da arte Cruzada Villaamil e Charles Yriarte a desaparición das Pinturas negras nun breve período.María del Carmen Torrecillas Fernández, «Las pinturas de la Quinta del Sordo fotografiadas por J. Laurent», Boletín del Museo del Prado, tomo XIII, número 31, 1992, páx. 57 e ss.