Vidzeme, (en Lingua livonia: Vidumō) tamén coñecida en alemán polo nome de Livlan, na versión latinizada, Livonia, pese a que esta rexión só correspondería coa metade da histórica Livonia Sueca, é unha das catro rexións históricas e culturais de Letonia que recoñece a Constitución letoa. Mais hoxe en día non exerce funcións administrativas, soamente funcións estatísticas e de recollida pública de datos. É a rexión central e nororiental ao norte do río Daugava. O seu nome en letón significa literalmente "a Terra do medio". Ten unha superficie de 14,973 km², e en 2021, tiña unha poboación de 180 454 habitantes e unha densidade de 12,05/km².
Esta foi unha rexión historicamente dominada pola nobreza xermano-báltica e segue unha fe luterana dende entón. Como parte do Imperio Ruso foi designada como a Gobernatura de Livonia chegando a estar entre as 3 rexións máis industrializadas na posterior etapa soviética.https://circabc.europa.eu/webdav/CircaBC/ESTAT/regportraits/Information/lv005_geo.htm Investigadores europeos confirmaron que na etapa entre o 2000 e 2007 a rexión, usando fondos públicos europeos, conseguiu recuperar a totalidade das terras de cultivo abandonadas tras a independencia da Unión Soviética, situando a Vidzeme como a rexión máis activa economicamente de Letonia.
Demografía A evolución demográfica recente dos seus distritos é a seguinte:
200020112021 Alūksnes21 23817 177 13 861 Cēsu54 81446 460 41 161 Gulbenes27 98322 794 19 619 Madonas41 63633 656 28 692 Smiltenes25 01120 509 18 155 Valkas11 6649 299 7 596 Valmieras67 43357 854 51 370 Imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Reserva da biosfera Vidzeme norte
Categoría:Rexións de Letonia