Be Your Own Pet (tamén coñecida como BYOP ou estilizada como be your own PET) é unha banda estadounidense de punk/garage rock formada en Nashville, Tennessee, en 2003. Durante a meirande parte da súa carreira o grupo estivo composto pola vocalista Jemina Pearl, o guitarrista Jonas Stein, o baixista Nathan Vasquez e o batería John Eatherly. Despois de lanzar os seus primeiros sinxelos e EPs co selo de Nashville Infinity Cat Records, a banda fichou por XL Recordings e polo selo de Thurston Moore, Ecstatic Peace!/Universal Records, no Reino Unido e América do Norte respectivamente.

A banda publicou o seu álbum de estrea, Be Your Own Pet, en 2006, sendo aclamado por publicacións como NME e Pitchfork. Pouco despois do lanzamento do seu seguindo álbum, Get Awkward, en 2008 o grupo separouse, citando a misoxinia dirixida e experimentada por Pearl e un esgotamento xeral polas presións da industria musical como razóns da súa separación.

Tras un hiato de 14 anos, o grupo reuniuse e 2021 despois de que o músico Jack White lles pedise ser o seu abreconcertos para un feixe de concertos da súa xira Supply Chain Issues Tour que promovería os dous álbum que lanzaría ese ano. Pouco despois ficharon polo selo Third Man Records, propiedade de White e do marido de Pearl, Ben Swank, a través do cal a banda lanzou o seu terceiro álbum, Mommy, en agosto de 2023.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Be Your Own Pet 2006 Ecstatic Peace!/Universal Records Get Awkward 2008 Ecstatic Peace!/Universal Motown Records Mommy 2023 Third Man Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de Nashville, Tennessee Categoría:Grupos musicais de garage punk Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de noise pop Categoría:Grupos musicais formados en 2003