miniatura|Repousacabezas exipcio (1500-500 a.C.)|250x250pxUn repousacabezas, usado dende a Idade Antiga, é un moble no que se repousa a cabeza ao estar deitado na cama ou sobre o chan.
Historia En certas partes do Oriente Medio, como o Antigo Exipto, a poboación local utilizaba repousacabezas de madeira, en lugar de almofadas, para durmir debido á calor do clima. Porfirio escribiu que este tipo de repousacabezas estaba practicamente limitado aos sacerdotes. As clases máis adiñeiradas usaban alabastro e decorábanas con xeroglíficos. Noutros casos utilizaban preferentemente madeira de tamargueira ou sicómoro e as máis económicas de pedra, cerámica ou vime de folla de palmeira. Tanto no enxoval funerario Tutankamón como no da raíña Hetepheres I, nai de Jufu (Queops), atopáronse camas con repousacabezas.
Galería
Notas
Categoría:Mobiliario Categoría:Camas