En teoría dos números, emirp, (primo escrito ao revés en inglés, prime) é un número primo que resulta ser un primo diferente cando se inverten os seus díxitos. Esta definición exclúe os números primos palindrómicos como un caso trivial. O termo primo reversíbel tamén se pode usar para referirse a números emirp.

O primeiros emrip son:

13, 17, 31, 37, 71, 73, 79, 97, 107, 113, 149, 157 ...

Todos os números primos que, ao inverter os seus díxitos, resultan en outro número primo diferente e non son palíndromos, son emirps.

Desde novembro de 2009, o maior emirp coñecido é 10 10006 +941992101×10 4999 +1, descuberto por Jens Kruse Andersen.

O termo emirpimes (en singular) úsase nalgúns lugares para tratar os números análogos dos semiprimos. É dicir, un número semiprimo que resulta ser outro se se escribe ao revés.

Emirp con outras propiedades Hai un subconxunto de números emirp x, con número espello xm, tal que x é o número primo y e xm é o número primo ym. Por exemplo, o espello 73 é o primo número 21, o número de espello 37 é o primo 12, sendo 12 o espello de 21. Iso foi citado polo personaxe de Sheldon Cooper na serie The Big Bang Theory, e ten sido citado como "a conxetura de Sheldon".

Notas

Categoría:Teoría de números