O Drina (en serbio cirílico: Дрина ) é un río de 346 km de lonxitude nos Balcáns, que forma unha gran parte da fronteira entre Bosnia e Hercegovina e Serbia. É o afluente máis longo do río Save e o río carso máis longo dos Alpes Dináricos que pertence á conca hidrográfica do río Danubio. O seu nome deriva do nome romano do río Drinus que á súa vez deriva do grego Dreinos.

O Drina nace na confluencia dos ríos Tara e Piva, no canellón entre as ladeiras das montañas Maglić, Hum e Pivska Planina, entre as aldeas de (Šćepan Polje , Montenegro) e Hum (Bosnia e Hercegovina).

Notas

Categoría:Ríos de Serbia Categoría:Ríos de Bosnia e Hercegovina