Mat (en ruso: Мать, romanizado: Mat'; en galego: a nai) é unha novela de Maksim Gorki de 1906 sobre uns traballadores de fábricas revolucionarios e socialistas. Foi publicada por primeira vez, en inglés, na revista Appleton en 1906,"Mother". Appleton's Magazine. Vol. VII. Nova York, xullo-decembro de 1906. pp. 721ff. e despois en ruso en 1907.
Aínda que Gorki era moi crítico coa novela, a obra foi traducida a moitas linguas, e fixéronse varios filmes baseados nela. O dramaturgo alemán Bertolt Brecht e os seus colaboradores baseáronse nesta novela para escribir a obra A nai, de 1932. Os críticos modernos considérana probablemente a máis exitosa das novelas de Gorki, aínda que a chamen a súa novela máis importante antes de 1917.
Contexto Gorki escribiu a obra nunha viaxe aos Estados Unidos en 1906. A axenda política detrás da novela era clara. En 1905, despois do fracaso da primeira revolución rusa, Gorki intentou facer medrar o espírito do movemento proletario transmitindo aos seus lectores a súa axenda política a través da súa obra. Intentaba reanimar o espírito dos revolucionarios para loitar cos sentimentos de derrota.Sollars, Michael David; Jennings, Arbolina Llamas, eds. (2015). Encyclopedia of the World Novel. Companion to literature. Infobase Learning. p. 1409. ISBN 9781438140735.
Gorki tiña unha conexión persoal coa novela xa que está baseada en eventos reais que rodean a Anna Zalomova e o seu fillo Pyotr Zalomov. Gorki, sendo un parente afastado de Anna Zalomova que visitou á familia de Gorki cando el era neno, tiña unha conexión máis profunda coa historia. O evento ocorreu durante unha manifestación do Primeiro de Maio en Sormovo en 1902. A cidade de construción naval de Sormovo estaba preto da cidade natal de Gorki, Nizhny Novgorod, onde despois da detención de Piotr Zalomov pola policía czarista, a súa nai, Anna Zalomova, seguiuno na actividade revolucionaria.Margaret Wettlin (2008). Maxim Gorky Mother. Read Books. ISBN 9781443724784.
A novela foi publicada por primeira vez pola revista Appleton's Magazine nos Estados Unidos e máis tarde por Editores Ivan Ladyzhnikov en Alemaña. En Rusia, foi publicada legalmente só despois da Revolución de Febreiro debido á censura tsarista.
Trama Na súa novela, Gorki retrata a vida dunha muller que traballa nunha fábrica rusa realizando duro traballo manual e loitando contra a pobreza e a fame, entre outras dificultades. Pelageia Nilovna Vlásova é a verdadeira protagonista; o seu home, un gran borracho, agrediña fisicamente e deixa toda a responsabilidade de criar ao seu fillo, Pavel Vlasov, sobre ela, pero morre inesperadamente. Pavel comeza a emular notablemente o seu pai na súa embriaguez e balbuceo, pero de súpeto involucráse en actividades revolucionarias. Abandonando a bebida, Pavel comeza a levar libros e amigos á súa casa. Aínda que analfabeta e sen interese político, Nilovna ao principio mostra cautela arredor das novas actividades de Pavel. Porén, quere axudalo. Pavel é mostrado como o principal personaxe revolucionario; os outros personaxes revolucionarios da novela son os amigos de Vlasov, o axitador campesiño anarquista Rybin e o ucraíno Andrei Nakhodka "o khokhol", que expresa a idea do internacionalismo socialista. Non obstante, Nilovna, movida polos seus sentimentos maternais e, aínda que sen educación, superando a súa ignorancia política para involucrarse na revolución, considérase a verdadeira protagonista da novela.
Recepción popular e crítica A Nai é a única gran novela de Gorki sobre o movemento revolucionario ruso; porén, de todas as súas novelas, posiblemente é a menos exitosa. Non obstante, segue a ser a obra máis coñecida de Gorki entre as outras novelas do autor. Os críticos modernos considérana a novela máis importante de Gorki antes da revolución, xa que é a súa única obra longa dedicada ao movemento revolucionario ruso"Maksim Gorky". Encyclopædia Britannica. Consultado o 2 de outubro de 2021. e pola viva imaxe das súas ideas de "Construtor de Deus".П. Басинский. Евангелие от Максима Como escribe Richard Freeborn, é importante, xa que é a súa única obra na que escribe especificamente do proletariado durante a revolución proletaria. Ademais, mentres as outras obras de Gorki son máis ou menos autobiográficas, na Nai, Gorki "case se achega á pura invención ficticia".The Russian Revolutionary Novel: Turgenev to Pasternak. Cambridge University Press. 1985. ISBN 0521317371.
Tras a volta de Gorki á Unión Soviética, a novela foi declarada polas autoridades como "a primeira obra de realismo socialista", sendo Gorki o seu "fundador". Aínda así, o propio Gorki foi moi crítico coa Nai, dicindo que era "unha cousa sen éxito, non só na súa aparencia exterior, por ser moi longa, aburrida e escrita de xeito trapalleiro, senón tamén pola súa insuficiente democrática"
Numerosos defectos artísticos da Nai e outras novelas de Gorki, escritas antes de 1910, foron amplamente descritos en resañas e ensaios críticos por Korney Chukovsky, Andrei Sinyavsky, Ilya Serman, Marylin Minto e moitos outros. Segundo Minto, a representación de Nilovna é moi exitosa, pero os outros personaxes son unidimensionais.Reference Guide to Russian Literature. Edited by Neil Cornwell - Google Books Freeborn sinala que os outros personaxes son pouco máis que "portavoces eloquentes" das súas opinións, aínda que Gorki corrixe o defecto proxectándoos a través da aprehensión de Nilovna sobre eles.
Temas
Adaptacións Sendo considerada unha das novelas máis influentes do século a nivel mundial,Paul D. Morris (2005). Representation and the Twentieth-century Novel: Studies in Gorky, Joyce and Pynchon. Königshausen & Neumann. p. 85. ISBN 9783826030345. "A Nai" foi adaptada nun filme mudo en 1926 baixo a dirección de Vsevolod Pudovkin co mesmo nome.Hutchings, Stephen; Vernitskaia, Anat, eds. (2004). Russian and Soviet Film Adaptations of Literature, 1900–2001: Screening the Word. Routledge. p. 25. ISBN 9781134400584. Nos anos seguintes, en 1932, a novela foi dramatizada nunha peza polo dramaturgo alemán Bertolt Brecht en "Die Mutter".Willett, John (1959). The Theatre of Bertolt Brecht: A Study from Eight Aspects. Londres: Methuen. p. 45. ISBN 0-413-34360-X. Nos anos posteriores, a novela foi adaptada en dous outros filmes co mesmo nome. "A nai" de Mark Donskoy, que se estreou en 1955, e "A nai" de Gleb Panfilov, que se estreou en 1990.Sabine Haenni; Sarah Barrow; John White (2014). The Routledge Encyclopedia of Films. Routledge. p. 185. ISBN 9781317682615. "Ilaignan", un filme de acción histórico en lingua tamil india dirixido por Suresh Krishna en 2011, está baseado na novela."CM to launch 'Ilaignan'". IndiaGlitz. 24 de abril 2010. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2010. Consultado o 16 de marzo de 2016.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Maxim Gorky, Nai en marxists.org
Categoría:Revolución Rusa de 1905 Categoría:Literatura en lingua rusa Categoría:Obras literarias de 1906