miniatura|250px|Microfotografía dun macrófago que fagocitou un linfocito (o resultado é a célula LE). Tinguidura de May Grünwald Giemsa. Unha célula LE ou célula de lupus eritematoso, tamén chamada célula de Hargraves, é un neutrófilo ou un macrófago que fagocitou o material nuclear desnaturalizado dutra célula. O material desnaturalizado é un corpo de hematoxilina absorbido (tamén chamado corpo LE).similima.com > Autoimmunity Muhammed Muneer. Consultado en marzo de 2011
A presenza destas células é unha característica do lupus eritematoso, pero tamén se encontran en trastornos do tecido conectivo similares ou en doenzas autoinmunes como a artrite reumatoide grave. As células LE poden observarse no lupus inducido por fármacos, por exemplo, despois do tratamento con metildopa.
As células LE descubriunas na medula ósea en 1948 Malcolm McCallum Hargraves (1903–1982), un médico e histólogo da Clínica Mayo.Hargraves M, Richmond H, Morton R. Presentation of two bone marrow components, the tart cell and the LE cell. Mayo Clin Proc 1948;27:25–28. Hargraves puido conseguir a prioridade ao suprimir o borrador dunha publicación de John R. Haserick, ao cal Dorothy Sundberg, xefe de hematoloxía da Universidade dos Hospitais de Minnesota, atribúe a primeira identificación das células LE.Discovery of the LE factor Dermatopathology: Practical & Conceptual
Clasicamente, a célula LE analízase microscopicamente, pero tamén é posible investigar a súa formación por citometría de fluxo.
As células LE non deberían confundirse coas células Tart que teñen material nuclear fagocitado, pero cunha aparencia visible de cromatina en vez de con aparencia homoxénea.
Notas
Categoría:Leucocitos