Cartel foi unha revista editada en Vigo en 1937. miniatura|300px|Fotografía de portada dun número de Cartel, nela aparecen Franco, Mola e Cavalcanti en Burgos en agosto de 1936. Mola e Cavalcanti xa finaran no momento da publicación, en 1937. Historia e características Subtitulada Panorama mensual de literatura y arte e despois Revista literaria informativa, apareceu en xaneiro de 1937. Segundo o seu editorial aspiraba "a ser revista del hogar español" e "sus postulados esenciales son Patria, Religión y Familia.Progreso, 19-1-1937, p. 2. Estaba dirixida por Antonio Otero Coira. A portada do primeiro número era unha fotografía de Francisco Franco,El Eco de Santiago, 21-1-1937, p. 2. e a do número 4 un retrato ao óleo do xeneral Antonio Aranda Mata.El Pueblo Gallego, 24-4-1937, p. 2. Tiña fotograbados en cor.El Pueblo Gallego, 30-3-1937, p. 2. Entre os seus colaboradores figuraron Ksado, Julio Sigüenza, Salvador Pérez-Labarta Pillado, César González Ruano, José Sanz Díaz, José María Pemán, Jesús María de Arozamena, Carlos Areán Estévez, Jeromy Barry, Sofía Casanova e Mario Figorela Díaz.Noticiero de Soria, 10-5-1937, p. 1. En xullo publicou un número extraordinario con motivo do aniversario da morte de José Calvo Sotelo.El Pueblo Gallego, 13-7-1937, p. 8.

En 1945 apareceu Cartel, que pode considerarse como a súa continuación.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:1937 en Galicia Categoría:Revistas literarias de España