Eliseo Seoane Bardanca, nado en Vilamaior (Santa Comba) o 1 de abril de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 5 de maio de 1986, foi un catedrático, teólogo, filósofo e químico galego.
Traxectoria En 1931 fixo en Santiago de Compostela o ano do Noviciado e en 1938 a profesión de votos solemnes. Concluídos os estudos de Filosofía, Teoloxía e demais ciencias relacionadas como ministerio pastoral e sacerdotal, ordenouse presbítero no ano 1939.
En 1949 iniciou os estudos de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Madrid en 1945. En 1949 doutorouse coa tese Sulfamidas arsenicales. En Santiago de Compostela foi profesor axudante de Química Orgánica (1945-1949), adxunto (1946-1954), profesor agregado de Química Orgánica na Universidade de Barcelona (1967-1974)BOE-E-1967/03/13/A03449-03449 se nombra, en virtud de concurso-oposición, Profesor agregado de «Química orgánica» (D epartamento de Química Orgánica) de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Barcelona a don Elíseo Seoane Bardanca. e catedrático da mesma materia na Universidade de Valencia (1974-1985).
As súas investigacións e publicacións, coroadas por varias patentes científicas, acreditouno para traballar en universidades británicas como Birkbeck College, Chemistry Department Imperial College e na Universidade de Glasgow, xunto ao premio Nobel de Química, Derek Barton. En Londres elaborou estudos sobre os constituíntes de resinas vexetais Mastic, separando nelas por primeira vez dúas substancias, tirucalol e ácido oleanónico, e outras dúas descoñecidas ás que denominou ácido masticadienónico e ácido isomasticadienónico. Foi director dos departamentos de Química Orgánica de Barcelona e Valencia e do Consello Superior de Investigacións Científicas de España.
Presentou estudos no Internacional Symposium on Microchemical Techniques, en Pensilvania (EEUU), entre eles o seu traballo "Demostration of Funcional Groups in Indole Compouns by Micro Scale Reactions". Era membro da Real Sociedade Española de Física e Química, Boletín da Universidade Santiago de Compostela, Journal of the Chemical Society, Revista de Ciencia Aplicada, Ión, Tetrahedron e Información de Química Analítica, entre outras.
Realizou 105 traballos científicos editados coa súa sinatura, 22 teses de doutoramento dirixidas durante o seu maxisterio. Todo isto compaxinouno co seu labor de crego e franciscano concretado en diversos labores pastorais como catequese rural, predicación, ensino a futuros frades e publicación de escritos en revistas como Liceo Franciscano e Verdad y Vida. Cando finou, no Hospital Xeral de Galicia en Santiago de Compostela, contaba con 71 anos e foi soterrado na súa parroquia natal de Vilamaior.
Obra Ensaio Sulfamidas arsenicales, 1949.
Notas
Categoría:Nados en Santa Comba Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Catedráticos da Universidade de Valencia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela