Louis Félicien Joseph Caignart de Saulcy, coñecido como Félicien de Saulcy ou tamén Félix de Saulcy, nado en Lille o 19 de marzo de 1807 e finado en París o 4 de novembro de 1880, foi un numismático e arqueólogo francés, conservador do Museo de Artillería de París e senador do Segundo Imperio, considerado como un dos fundadores da arqueoloxía bíblica."Louis Félicien Joseph Caignart de Saulcy". Real Academia de La Historia (DBE.RAH.es)."Saulcy, Louis Félicien Joseph Caignart de". JewishEncyclopedia.Com
Aínda que as mostras máis salientables da erudición de Saulcy se deron no ámbito da numismática e da arqueoloxía, tamén se interesou desde novo pola entomoloxía. As súas excursións ao sur de Francia e aos Pireneos, así como a Groenlandia, Islandia e as Illas Feroe, permitíronlle descubrir e dar a coñecer máis de 300 especies novas. Mais a partir de 1870, Félicien de Saulcy abandonou nas súas investigacións o seu interese pola historia natural.
Primeiros anos e formación Félicien de Saulcy naceu en Lille o 19 de marzo de 1807, nunha familia proveniente de Grenoble,Robert, C. (1883). Páxina 9. fillo de Marie Rose Suzanne Liaubon (1780-1854) e de Félicien Marie Joseph Caignart de Saulcy (1774-1859). O seu pai e o seu avó serviran no corpo de Artillaría.Robert, C. (1883). Páxina 10.
Xunto co su irmán, Ernest de Saulcy, en 1826 ingresou na Escola Politécnica de París, e nesa época comezou a aproximarse á arqueoloxía e á numismática. Dous anos despois comezou a súa formación militar na Escola de Artillaría e Enxeñaría de Metz,"Louis-Félicien Caignart de Saulcy, dit Féloix de Saulcy". Musee-archeologienationale.fr onde se licenciou en 1830. En 1837 acadou o grao de capitán e poucos anos máis tarde foi tamén profesor na mesma escola.Robert, C. (1883). Páxina 12.
A súa posterior dedicación á investigación en diversos ámbitos transcorreu paralelamente á súa carreira como militar,Robert, C. (1883). ata o seu retiro como xefe do escuadrón de Artillaría en decembro de 1855.Robert, C. (1883). Páxina 23."Louis-Félicien Caignart de Saulcy, dit Féloix de Saulcy". Musee-archeologienationale.fr
Traxectoria
Entre Metz e París Logo da súa graduación, foi destinado temporalmente a Dieulouard, no departamento de Meurthe e Mosela, e alí aproveitou para participar nunha escavacións, das que informou a Academia de Metz, e pouco despois enviou á Sociedade de Anticuarios de Normandía un informe sobre o recinto de Plessis en Gouy, Seine-Maritime. Aínda na década de 1930, publicou o seu primeiro artigo sobre numismática, acerca dun tesouro de diñeiros de Verdún achado en Tronville.Robert, C. (1883). Páxinas 10-11.
Continuou a publicar artigos sobre numismática nas Mémoires de l'Académie de Metz e, nas súas publicacións posteriores, a súa metodoloxía para a descrición das moedas, as súas atribucións temporais e xeográficas e os seus debuxos supuxeron un novo modelo para a numismática medieval, que se manifesta sinaladamente na súa obra Recherches sur les monnaies de la cité de Metz, de 1836.Robert, C. (1883). Páxina 11.
No mesmo ano estudou e clasificou a importante colección de moedas bizantinas do tío da súa esposa —coa que casara en 1832—, un labor que resultou na publicación de varios artigos e dun traballo monográfico, titulado Essai de classification des suites monétaires byzantines, que se converteu en referencia para estas series durante décadas. Outra das súas obras máis salientables foi un tratado sobre a moeda ibérica antiga titulado Essai de classification des monnaies autonomes d'Espagne, en 1840, no que incluíu tamén un alfabeto ibérico que supuxo unha grande achega naquel momento para descifrar a epigrafía destas moedas.
Ao ser nomeado conservador do Museo de Artillaría de París o 13 de maio de 1841, de Saulcy abandonou Metz, onde residira ata o momento —agás nalgúns períodos por mor dos seus destinos como militar— e instalouse na capital, onde continuou co seu incesante labor investigador e coas súas publicacións. Robert, C. (1883). Páxina 13. A súa traxectoria científica foi recoñecida en París co seu nomeamento como académico de número da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres o 7 de maio de 1842. Isto abriulle a posibilidade de afondar no estudo do árabe, do hebreo e de diversas linguas mortas de oriente e os seus alfabetos, un tema que centrou varias das súas publicacións da década de 1840.Robert, C. (1883). Páxina 14-15. miniatura|350x350px|Debuxo das costas do Mar Morto, creado por Félicien de Saulcy.
Viaxes a Oriente: a arqueoloxía bíblica O seu interese polas linguas orientais motivouno para viaxar polo Mediterráneo en 1845, con visitas a Italia, Grecia, Turquía e Exipto. Estas viaxes espertaron nel o interese polas culturas de Oriente Medio e pola arqueoloxía bíblica nos derradeiros anos da década de 1840, ata tal punto que, tras enviuvar en 1850, iniciou unha viaxe por Terra Santa na compaña do seu fillo. Alí dedicouse de cheo ás prospeccións arqueolóxicas en Xerusalén, a cunca do Mar Morto e unha parte de Galilea, cuxos resultados publicou en 1853 en dous volumes, baixo o título de Voyage autour de la Mer Morte et dans les terres bibliques.Robert, C. (1883). Páxina 16.
O 4 de abril de 1856, Augustin Louis Cauchy e Charles Lenormant invitárono á primeira reunión que sentou as bases da asociación Œuvre des Écoles d'Orient —máis tarde coñecida como Œuvre d'Orient—, fundada ese ano."Le cinquantenaire de l'œuvre des écoles d'Orient". En Oeuvre-orient.fr. 4 de xullo de 2017.
Saulcy foi nomeado cabaleiro da Orde Ecuestre do Santo Sepulcro de Xerusalén o 5 de decembro de 1863.
En 1863 e en 1869 regresou a Oriente Medio para senllas exploracións en Siria e Palestina;"M. de Saulcy rend compte des principaux résultats de son voyage archéologique en Palestine". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 8. 1864. Páxinas 32-35. debuxou o mapa do Reino de Amom e publicou diversos artigos e traballos monográficos sobre arte, numismática, arqueoloxía e outras áreas, durante a segunda parte da década de 1860 e a primeira da década de 1870, a partir das súas experiencias nestas viaxes.Robert, C. (1883). Páxinas 16-17.
De Saulcy foi presidente da comisión do Corpus Inscriptionum Semiticarum.
Derradeira etapa miniatura|409x409px|Retrato de Félicien de Saulcy na súa madureza."Portrait de Louis-Félicien-Joseph Caignart de Saulcy, (1807-1880), (archéologue, numismate)". Paris Musées. Mesmo durante a súa etapa de estudos orientais, Saulcy non se abstraeu da onda de interese que a Galia prerromana suscitou entre os eruditos franceses a partir de 1858, e chegou a ser un membro moi activo e mesmo a presidir a Comisión de Topografía das Galias, instituída polo Ministerio de Instrución Pública de Francia. Tamén foi confeccionando unha completa colección de moedas desta época, que lle serviron para os seus estudos sobre estas series, que publicou principalmente na Revue numismatique. Esta colección foi adquirida polo Gabinete de Moedas da Biblioteca Nacional de Francia.Robert, C. (1883). Páxinas 17-19.
De Saulcy participou nos traballos da comisión para a creación do Museo de Antigüidades Célticas e Galo-Romanas, e tamén foi o impulsor da creación dunha sala xudaica no Museo do Louvre, en París, ná década de 1860.
Xa desde comezos da década de 1870, o interese de Saulcy comezou a tender cara á numismática dos monarcas francesas da dinastía dos Capetos, moi pouco explorada ata aquel momento, que caracterizaron as súas derradeiras emisións.Robert, C. (1883). Páxinas 19-21.
Félicien de Saulcy tivo unha relación de estreita amizade con Luís Napoleón, quen o nomeou membro do Senado francés o 6 de novembro de 1859,"Saulcy Louis-Félicien-Joseph Caignart de". Senat.fr e comendador da Lexión de Honra o 15 de agosto de 1866. Saulcy chegou mesmo a acompañar a familia imperial no seu exilio en Inglaterra en 1870, durante seis meses.
Ao longo da súa traxectoria, Félicien de Saulcy foi membro de varias entidades e sociedades eruditas, como a Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (1842), a Académie de Metz, o Comité des travaux historiques et scientifiques (1835), a Société nationale des antiquaires de France (1851), a Société Enthomologique e a Société française de numismatique."Caignart de Saulcy, Louis Félicien Joseph". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).Robert, C. (1883). Páxinas 5-8.
Vida persoal En 1832, Saulcy casou con Pauline de Brye (1800-1850), dunha antiga familia da Lorena, con quen tivo un fillo, chamado tamén Félicien se Saulcy. Logo de enviuvar casou en segundas nupcias con Charlotte Clotilde Valentine de Billing (1833-1908), o 23 de xaneiro de 1853. Deste segundo matrimonio naceron unha filla e un fillo: Jacqueline Marie Thérèse en 1853 e Eugène Louis Napoléon nado en 1860 e finado ese mesmo ano.
Félicien de Saulcy faleceu repentiamente en París o 4 de novembro de 1880, aos 73 anos.Van Peterghem, C. (1881).
Publicacións Esta é unha escolma dos numerosos traballos numismáticos publicacados por Félicien de Saulcy ao longo da súa traxectoria:
Numismática
(1836). Essai de classification des suites monétaires byzantines. Vol. 1; Vol. 2. Lamort, Metz. (1836). Recherches sur les monnaies de la cité de Metz. Lamort, Metz. (1840). Essai de classification des monnaies autonomes de l'Espagne. Lamort, Metz. miniatura|240x240px|Debuxo de Félicien de Saulcy en Recherches sur les monnaies des ducs héréditaires de Lorraine (1841)(1841). Recherches sur les monnaies des ducs héréditaires de Lorraine. Lamort, Metz. (1843). Recherches sur les monnaies des comtes et ducs de Bar. Didot, París. (1847). Numismatique des croisades. Rollin, París. (1850). Souvenirs numismatiques de la Révolution de 1848. Rousseau, París. (1854). Recherches sur la numismatique judaïque. Didot, París. (1871). Mémoire sur les monnaies datées des Séleucides. Leclere, París. (1874). Numismatique de la Terre Sainte, description des monnaies autonomes et impériales de la Palestine et de l'Arabie Pétrée. Rothschild, París. (1876). Histoire numismatique du règne de François Ier, roi de France. Van Peteghem, París.
(1877). Éléments de l'histoire des ateliers monétaires du royaume de France depuis Philippe-Auguste jusqu'à François Ier inclusivement. Van Peteghem, París. (1878). Histoire numismatique de Henri V et Henri VI, rois d'Angleterre pendant qu'ils ont régné en France. Van Peteghem, París. (1879-1892). Recueil de documents relatifs à l'histoire des monnaies frappées par les rois de France, depuis Philippe II jusqu'à François Ier Vol. 1 (1879); Vol. 2 (1888); Vol. 3 (1887); Vol. 4 (1892). (1880). Histoire monétaire de Jean le Bon, roi de France. Van Peteghem, París.
Arqueoloxía bíblica
(1849). Recherches sur la chronologie des empires de Ninive, de Babylone et d'Ecbatane. París. (1853). Voyage autour de la Mer Morte et dans les terres bibliques, exécuté de décembre 1850 à avril 1851. Vol. 1; Vol. 2. Gide et J. Baudry, París. (1853). Voyage aux villes maudites: Sodome, Gomorrhe, Seboim, Adama, Zoar (con E. Delessert). Lecou, París. (1854). La Palestine, le Jourdain et la Mer-Morte. Rouvier, París. (1855). La Syrie et la Palestine, examen critique de l'ouvrage de M. Van de Velde. Rouvier, París. (1858). Histoire de l'art judaïque, tirée des textes sacrés et profanes. Didier, París. (1859). Dictionnaire des antiquités bibliques. Migne, París. (1865). Voyage en Terre Sainte. Vol. 1; Vol. 2. Didier, París. (1866). Les Derniers jours de Jérusalem. Hachette, París.
miniatura|Histoire d'Hérode, roi des Juifs (1867).
(1867). Histoire d'Hérode, roi des Juifs. Hachette, París. (1868). Étude chronologique des livres d'Esdras et de Néhémie. Lévy, París. (1869). Recherches sur l'emplacement véritable du tombeau d'Hélène, reine d'Hélène. Clave, París. (1874). Sept siècles de l'histoire judaïque, depuis la prise de Jérusalem par Nabuchodonosor jusqu'à la prise de Bettir par les Romains. Lévy, París.