miniatura|esquerda|300px|Imaxe da cidade de Pärnu, capital do condado homónimo

O condado de Pärnu ou Pärnumaa (en ou Pärnumaa) é un dos 15 condados ou maakond de Estonia. Está situado na parte suroccidental do país á beira do golfo de Riga. Limita ao norte cos condados de Lääne e Rapla, ao leste cos de Järva e Viljandi e ao sur con Letonia. No ano 2024 o condado tiña unha poboación de 87 891 habitantes.

O condado de Pärnu é o condado máis grande de Estonia en termos de superficie terrestre.

Goberno rexional

A reforma administrativa en Estonia aboliu os gobernos dos condados a finais de 2017. Antes diso, o goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) estaba dirixido por un gobernador ou maavanem, que era nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.

Municipios

O condado está subdividido en municipios. Tras a reforma administrativa de 2017 pasou de ter 2 municipios urbanos e 19 rurais a quedar dividido en tan só un municipio urbano (estoniano linnad - cidades) e seis concellos rurais (estoniano: vallad - comunas). RangoConcelloTipoPoboación (2024)Área km2Densidade1Häädemeesterural4 7254949,62Kihnurural5201730,63Läänerannarural5 0191 3523,74Põhja-Pärnumaarural8 0271 0137,95Pärnuurbano52 70385561,66Saarderural4 3861 0654,17Torirural12 51161120,5

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Pärnumaa - Páxina oficial

Categoría:Condados de Estonia