O igrexario da Grela é un conxunto arquitectónico construído no século XVIII situado na parroquia de San Cristovo das Viñas, no concello da Coruña. Está situado dentro do Parque Empresarial da Grela.
Historia A capela, baixo a advocación de Santo Antón, ten a súa orixe na fundación do Mayorazgo y Capilla de La Grela, outorgado por Antonio Pardo en 1724. O obxectivo, ademais do culto, era impartir clases á infancia da zona. O conxunto foi realizado en estilo barroco por Simón Rodríguez e Clemente Fernández Sarela entre 1754 e 1765.
No século XX, co establecemento de novos colexios públicos e a falta de fondos da fundación o conxunto comezou a arruinarse. En 1991 o edificio pasou ao concello da Coruña, que o reformou segundo o proxecto da arquitecta Angelika Lorenzen Ketterling para establecer unha escola-taller. Posteriormente pasou a acoller o Centro Municipal de Empresas. A capela emprégase como salón de actos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Igrexas da Coruña Categoría:Capelas de Galicia