Michael T. Ghiselin (13 de maio de 1939; 14 de xuño de 2024Stazione Zoologica Anton Dohrn Napoli. In memory of the biologist, philosopher and historian of science Michael T. Ghiselin (1939-2024)) foi un biólogo, filósofo e historiador da bioloxía estadounidense.

É coñecido polos seus traballos sobre os nudibranquios, e pola súa crítica á presentación inexacta da historia do lamarckismo en moitos libros de texto escolares de bioloxía.

Vida académica

Ghiselin recibiu o seu B.A. (licenciatura) en 1960 da Universidade de Utah e o seu Ph.D. (doutoramento) da Universidade Stanford en 1965. Foi membro posdoutoral da Universidade Harvard (1964–65) e posteriormente membro posdoutoral do Marine Biological Laboratory en 1965. Alí permaneceu ata 1967 porque foi nomeado profesor axudante de zooloxía na Universidade de California, Berkeley e posteriormente foi elixido membro Guggenheim (1978–79). Ghiselin traballou como profesor investigador de bioloxía na Universidade de Utah (1980–83) e foi Membro Premio MacArthur desde 1981 a 1986. Desde 1983 era membro investigador sénior na Academia de Ciencias de California.

Traxectoria

Ghiselin é famoso polos seus traballos sobre os gasterópodos nudibranquios, e unha especie leva o seu nome (Hypselodoris ghiselini) e a substancia química defensiva que contén foi nomeada na súa honra como ghiselinina. En 2009 foi coautor dun gran estudo sobre as defensas químicas dos opistobranquios con Guido Cimino: Chemical Defense and the Evolution of Opisthobranch Gastropods.

miniatura|O peixe pallaso é macho cando é de pequeno tamaño e femia cando medra e adquire tamaño grande, unha adaptación explicada polo modelo tamaño-vantaxe de Ghiselin.

En 1969 propuxo tres modelos, entre eles o modelo de tamaño-vantaxe, para explicar o hermafroditismo secuencial. Nalgnhas especies de peixes, segundo razoou, os machos poden maximizar o seu éxito reprodutivo apareándose cun harén de femias que se aparean só unha vez como femias. Noutras especies, nas que os peixes viven en parellas, é vantaxoso para o individuo ser macho cando é de pequeno tamaño e volverse femia cando medra e é máis grande.

Ghiselin traballou estudando a historia e filosofía da bioloxía evolutiva. As súas publicacións sobre historia tratan principalmente de Darwin e a historia da zooloxía comparada. Tratou temas como a influencia da alquimia sobre a zooloía do século XIX e a historia da Estación Zoolóxica de Nápoles, Italia. A súa opinión sobre as ideas de Darwin sobre selección, se afectaban ao individuo ou ao grupo, e ás veces aparentemente seleccionismo de parentesco, foron criticadas como inconsistentes por Helena Cronin.

Ghiselin criticou a falsificación da historia da teoría de evolución de Lamarck, xa que na súa opinión os libros escolares elementais e os "escritores de libros de texto imbuíron ao ficticio Lamarck cunha importancia que o Lamarck real nunca tivo, e atribuíronlle ideas que o Lamarck real non sotiña. Inventaron un mito no cal estas ideas eran compardas falsamente coas ideas de Darwin, para producir unha falsa dicotomía." Tamén criticou as ideas dos creacionismo como non científicas."The Illogic of Creationism An Essay Review by Michael T. Ghiselin" . Consultado o 1 de xullo de 2018.

A súa principal contribución á filosofía foi sobre os principios de clasificación (sistemática ou taxonomía). Considérase que foi o primeiro que teorizou que as especies biolóxcias non son tipos de organismos, senón individuos nun sentido filosófico (no sentido en que unha poboación individual é unha entidade individual, en vez dun tipo abstracto). Un ser humano non é, pois, un Homo sapiens pola mesma razón que a provincia de Ontario non é Canadá. Ghiselin foi quen orixinou o termo "cachos do nexo xenealóxico" (chunks of the genealogical nexus) para describir as especies.

Ghiselin tivo moitos intereses interdisciplinares, entre os cales estaba crear ligazóns entre a bioloxía e a economía. Foi vicepresdente da Sociedade Internacional de Bioeconomía, e foi coeditor do Journal of Bioeconomics desde que se creou en 1998. A primeira cátedra académica de bioeconomía creouse na Universdade de Siena; el foi o seu primeiro ocupante como profesor visitante. Como presidente do Centro para a Historia e a Filosofía da Ciencia, a súa principal responsabilidade era organizar xuntanzas académicas e ser o editor dos volumes baseados nelas.

Obras

Ghiselin, Michael T. e Leviton, Alan E.: "Darwin and the Galapagos", in the Proceedings of the California Academy of Sciences for 2010 Volume 61, Supplement 2. The Triumph of the Darwinian Method. University of California Press, Berkeley, 1969. Barbour, M. G., Craig, R. B., Drysdale, F. R., and Ghiselin, M. T.: Coastal Ecology: Bodega Head. University of California Press, Berkeley, 1973. The Economy of Nature and the Evolution of Sex. University of California Press, Berkeley, 1974. Intellectual Compromise: The Bottom Line. Paragon House, New York, 1989. Metaphysics and the Origin of Species. State University of New York Press, Albany, 1997. Darwin: A Reader's Guide. Occasional Papers of the California Academy of Sciences 155: 1–185, 2009. Darwin and Evolution. Carmichael & Carmichael, and Knowledge Products Blackstone Audio, 1993 (audiolibro).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas California Academy of Sciences.org: Michael Ghiselin Homepage

Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2024