Para as institucións republicanas no exilio, ver Segunda República Española no exilio miniatura|Bandeira de España entre 1931 e 1939 O exilio republicano español é o exilio do conxunto de cidadáns da Segunda República Española que, durante a guerra civil española de 1936 a 1939 e a inmediata posguerra, se viron forzados a abandonar a súa terra natal e desprazarse a outros países. Isto debeuse a motivos políticos e ideolóxicos, ou ben por temor ás represalias por parte do bando vencedor e do réxime político autoritario instaurado en España. Os exiliados permaneceron no estranxeiro até que a evolución das circunstancias internas do país permitiulles regresar paulatinamente. Porén, foron moitos os que finalmente se integraron nas sociedades que lles deron refuxio, e contribuíron nalgúns destacados casos ao seu desenvolvemento.
Unha gran parte dos primeiros refuxiados (até 440 000 en Francia segundo un informe oficial de marzo de 1939) tivo que afrontar no inicio duras condicións de vida que se agravaron tras o estalido da Segunda Guerra Mundial. Aínda que moitos lograron regresar na década de 1940, o exilio republicano «permanente» quedou constituído por unhas 220 000 persoas, moitas delas excombatentes, políticos ou funcionarios comprometidos directamente coa causa republicana. Entre elas había tamén un número significativo de nenos, intelectuais, personalidades da cultura e artistas, científicos e docentes, e persoas de profesións cualificadas, o que supuxo un condicionante máis no proceso de reconstrución do país por consecuencia do conflito.
Os principais países de destino foron Francia, México, Arxentina e a Unión Soviética. Tamén foron amparados grupos importantes noutros países como Chile, Colombia, Cuba, Estados Unidos, Perú, Reino Unido, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
No transcurso dos anos, a evolución política interna en España e o progresivo proceso de reconciliación, que culminaron coa chamada Transición española e a instauración da democracia, permitiron paulatinamente o regreso dos exiliados. Porén, tamén foron moitos os que, polo seu grao de integración, decidiron permanecer nos países que lles deron refuxio. Alí se atoparon posteriormente con outros españois chegados entón como emigrantes por motivos económicos desde a década de 1950 ou por un novo exilio, o dos perseguidos pola ditadura até 1975.
Desprazamentos de poboación durante a guerra miniatura|250x250px|Nenos preparados para a evacuación de España co puño ergueito, símbolo utilizado pola esquerda Os primeiros meses da guerra particularmente entre agosto e decembro de 1936, estiveron marcados polos episodios de violencia sistemática en contra da poboación civil, tanto debido á represión por motivos ideolóxicos como polo avance das operacións militares. Nestes meses tiveron lugar os primeiros desprazamentos de refuxiados e exiliados principalmente cara a Francia, caracterizados polo seu carácter aínda provisional. Agrupaba a persoas provenientes das rexións fronteirizas de Aragón, Cataluña e Euskadi, xa fóra pola súa condición de proximidade ao bando sublevado (no caso das dúas primeiras) ou de partidarios do Goberno que fuxían do avance da fronte de Irún (no último). Porén, tamén incluía persoas «neutras» que se vían ameazadas polo clima de hostilidade e violencia do momento.
Conforme se desenvolvía o conflito, ese carácter provisional foi volvéndose máis permanente e masivo no caso dos desprazados próximos ao bando republicano. De feito, aínda que continuarían producíndose episodios de fuxida en desbandada, o goberno republicano tamén emprendeu accións para planificar algunhas das evacuacións, en particular as de menores. En outubro de 1936 constituíuse a Oficina Central de Evacuación e Asistencia ao Refuxiado, en vésperas da batalla de Madrid, co fin de organizar evacuacións masivas cara á costa mediterránea. Pola súa parte, en novembro dese ano a CXT creou en París o Comité d'accueil aux enfants d'Espagne. esquerda|miniatura|269x269px|Milicianas republicanas no Asedio do Alcázar de Toledo durante a Guerra Civil As primeiras evacuacións de nenos producíronse desde Madrid e Valencia, co envío de 100 menores cara á URSS en febreiro de 1937. Dende Euskadi evacuáronse 450 persoas cara á illa francesa de Oléron, na colonia Casa Dichosa. Máis adiante preto de 300 deles foron levados a París e os restantes, a Oostduinkerke (Bélxica). En xuño dese ano chegaron a México 456 menores, que recibirían o afectuoso apelativo dos Nenos de Morelia. As xestións para o seu traslado foron posíbeis grazas ao Comité de Axuda aos Nenos do Pobo Español.
Bartolomeu Bennassar sinala que preto de 10 000 cidadáns de Euskadi fuxiron por estrada cara a Francia. De Cataluña saíron moitos refuxiados por vía marítima cara a Marsella e Xénova así como a pé polos Pireneos, evitando a vixilancia de milicianos e carabineros. En conxunto, calcúlase que entre 30 000 e 35 000 refuxiados de Cataluña chegaron a Francia e Italia entre xullo de 1936 e finais de 1938.
As operacións militares na chamada fronte do Norte viron progresar ás unidades franquistas desde Biscaia cara a Santander na primavera de 1937. Estas provocaron unha nova vaga de miles de exiliados, cunha parte significativa de nenos, esta vez exclusivamente republicanos cara a Bordeos, La Rochelle e Lorient. Tras o bombardeo de Gernika, o Reino Unido aceptou de mala gana acoller nenos republicanos. Deste xeito, o 21 de maio de 1937 partían ao exilio desde Santurtzi con destino ao porto inglés de Southampton preto de 4000 nenos vascos a bordo do buque Habana (con capacidade para 400 pasaxeiros). Meses máis tarde Arthur Hinsley, cardeal e arcebispo de Westminster, exemplificaba a actitude profranquista da xerarquía católica inglesa ao mostrarse partidario en público de devolver a España os nenos vascos refuxiados no país. En 1938, tras a batalla da bolsa de Bielsa e a retirada da 43ª División do Exército Popular, tivo lugar un novo desprazamento de persoas en Aragón que se refuxiaron directamente do outro lado da fronteira. A finais de 1938, estímase que en chan francés permanecían 40 000 emigrados, aínda que se consideraba que mantiñan unha situación de desprazamento provisional.
A maior avalancha produciuse con ocasión da perda de Barcelona pola República, en febreiro de 1939. Neses momentos máis de medio millón de persoas fuxiron a Francia. Sobre todo nos primeiros momentos unha gran parte foi internada nos campos que habilitou o goberno francés de Daladier, nunhas condicións deplorábeis. Neses primeiros meses produciuse o regreso a España (xa enteiramente dominada polo bando franquista) de arredor da metade de quen se refuxiaran inicialmente en Francia.
Poucas semanas antes do fin da guerra, o informe Valière, realizado por petición do Goberno francés, estimaba a 9 de marzo de 1939 a presenza duns 440 000 refuxiados en Francia. Deles, 170 000 eran mulleres, nenos e anciáns, 220 000 soldados e milicianos, 40 000 inválidos e 10 000 feridos.
O éxodo republicano de 1939 cara a Francia
A retirada (xaneiro-febreiro 1939) A emigración cara a Francia acelerouse de maneira importante durante o transcurso da Batalla do Ebro e os meses posteriores, nun movemento de «retirada». O éxodo de cidadáns procedentes de Cataluña foi masivo despois da caída de Barcelona o 26 de xaneiro de 1939. O goberno de Daladier decidiu abrir a fronteira o 27 de xaneiro e os refuxiados fuxiron a través dos Pireneos por La Jonquera, Portbou, Le Perthus, Cerbère e Bourg-Madame. Segundo as fontes estímanse en 465.000 o número de refuxiados despois da caída de Cataluña, dos que 170.000 eran civís.
Acollida dos refuxiados Os departamentos do suroeste de Francia, próximos a España, foron os que acolleron o maior número de refuxiados. Houbo unha alta inmigración nas cidades de Bordeos e Toulouse, onde xa residían españois. Os outros departamentos da costa atlántica, en maior medida o do Loira, tamén acolleron refuxiados, así como Macizo Central, Bocas do Ródano e a rexión parisiense.
A acollida dos viaxeiros foi diferente nun lugar ou outro. Uns foron ben recibidos e obxecto de accións de solidariedade, mentres que outros foron vistos con desconfianza e mesmo hostilidade nunha Francia en crise, con visos de xenofobia. Segundo Bartolomé Bennassar, as vagas de exiliados foron peor recibidas despois de 1939.
Os campos de concentración franceses dereita|miniatura|250x250px|Liberación polos Estados Unidos de América do campo de concentración de Mauthausen-Gusen baixo unha pancarta en español que reza: «os españois antifascistas saúdan as forzas liberadoras». Case 9000 republicanos españois acabaron en campos de concentración nazis
Principais campos de internamento As autoridades francesas, desbordadas, reagruparon os refuxiados en centros de "control" ou de "clasificación" na fronteira. Máis tarde distribuíronos en campos de concentración (termo oficial da época) ou de "internamento" situados aos pés dos Pireneos e especialmente nas praias mediterráneas máis próximas á fronteira. Neles foron recluídos uns 270.000 homes, os máis deles excombatentes do exército republicano. Consistía nun terreo de area cercado por aramados no que nin sequera existía un teito baixo o que acubillarse e rodeado de soldados senegaleses armados de metralladoras e fusís.
Os campos de concentración situábanse en principio no departamento de Pireneos Orientais, como no caso do de Saint-Cyprien, o de Argelès-sur-Mer ou o de Le Barcarès nas praias. Reagrupaban especialmente vascos, antigos membros das Brigadas Internacionais (campo de Gurs), cataláns (Agde, campo de Rivesaltes), anciáns (Bram) e á columna Durruti (Campo de Vernet d'Ariège). Foron creados terra dentro en febreiro de 1939 nos departamentos veciños do Rosellón, para paliaren o crecemento das estruturas do litoral e as condicións sanitarias deterioradas.
A bibliografía omite a miúdo os preto de 10 000 exiliados españois que desembarcaron no norte de África. Anne Charaudeau explica detalladamente como estes foron tratados tras a súa chegada. Primeiro detidos nos campos por mor do seu potencial perigo, os exiliados tornan axiña nunha man de obra indispensábel en tempo de guerra. Na Alxeria francesa, os exiliados que volveron ser capturados foron usados nas canteiras do Transsaharien dende 1939. O traballo forzado dos refuxiados non é unha invención da Francia de Vichy, senón que se xeneraliza nese período.
Peter Gaida, doutor en Historia pola universidade de Bremen, explica as súas condicións de vida nas obras do Transsaharien despois de 1940:
"Nos campos do «Transsaharien», os refuxiados son expostos a un réxime brutal de traballo forzoso. Numerosos traballadores sucumben á fame, as enfermidades e a tortura, para ser liberados en maio de 1943, despois do desembarco dos Aliados no norte de África".
Nos campos reprodúcense enfrontamentos ideolóxicos entre os prisioneiros derivados da Guerra civil española. As autoridades francesas aproveitáronse destes e utilizaron, por exemplo, as tensións entre anarquistas e comunistas para controlar a estes últimos. Así, Vernet d'Ariège converteuse nun campo disciplinario para prisioneiros políticos baixo o réxime de Vichy.
Durante a Segunda Guerra Mundial (1940-1945)
Internamento e traballos forzados no Réxime de Vichy As fontes históricas dos campos do suroeste observaron un endurecemento da política de internamento baixo o réxime de Vichy e unha «lóxica de exclusión». dereita|miniatura|250x250px|Desfile da 2ª División Blindada do xeneral Leclerc polos Campos Elisios de París o 26 de agosto de 1944. A vangarda dos soldados que liberaron París constituíuna A Nove, compañía da División Leclerc formada na súa maioría por republicanos españois