alt=Imaxe de M 106 polo telescopio espacial James Webb (NASA/ESA/CSA), 2024|miniatura|Imaxe de M 106 en infravermello polo telescopio espacial James Webb (NASA/ESA/CSA), 2024. Messier 106 ou NGC 4258 é unha galaxia espiral a 23 millóns de anos luz da Terra, na rexión de Canes Venatici. É unha das galaxias espirais coñecidas máis brillantes e próximas á Terra. Ten no seu centro un furado negro supermasivo constantemente activo. No seu interior observáronse dúas supernovas en 1981 e 2014. A galaxia é coñecida por ter dous brazos anómalos, visibles en lonxitudes de onda radio e X máis que en visible, compostos de gas quente máis que de estrelas, que se cre son causados pola actividade do furado negro.

En canto ó seu nome clasificatorio, non foi descuberta por Charles Messier, senón por un discípulo, Pierre Méchain, e engadida ó catálogo só no século XX.

Notas

Categoría:Galaxias en espiral