Aleix Febas Pérez, nado en Lleida o 2 de febreiro de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Celta de Vigo, da Primeira División.
Traxectoria Formouse nas canteiras do Almacelles, do Baix Segrià e do Lleida, antes de ingresar nas categorías inferiores do Real Madrid aos 13 anos. Debutou co equipo C na Terceira División o 7 de setembro de 2014, ao ser titular nunha derrota por 2-3 ante o Alcobendas Sport.
No verán de 2015 foi ascendido ao Real Madrid Castilla, da Segunda División B, onde tivo como adestrador a Zinedine Zidane. Debutou co primeiro filial o 22 de agosto, contra CD Ebro. O 30 de xaneiro de 2016 marcou o seu primeiro gol co Castilla, conseguindo o primeiro tanto na vitoria visitante por 2-1 ante a Real Sociedad B. Marcou dous goles contra o Amorebieta e outros dous contra o Sestao River e pechou a tempada con nove dianas.
En xullo de 2017 foi cedido por un ano ao Real Zaragoza, da Segunda División. Debutou na categoría de prata o 18 de agosto de 2017, nunha derrota por 0-1 ante o Tenerife. Na seguinte campaña xogou cedido no Albacete.
No verán de 2019 fichou polo Mallorca, que viña de ascender á Primeira División. O 7 de xaneiro de 2022 foi cedido ao Málaga CF na segunda división para o que restaba de campaña.
Notas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Lleida Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid C Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Elche CF