William Archer , nado en Newcastle upon Tyne (Inglaterra) en 1991, é un músico alternativo e produtor británico.
Traxectoria
Lanzou o seu EP de debut Increases en 2011. O seu primeiro disco Company seguiu en 2015, asinado internacionalmente baixo o pseudónimo Slime, se ben en Alemaña -por risco de confusión coa banda de punk de Hamburgo do mesmo nome- saíu co nome de Will Archer. Archer é competente en varios instrumentos que se usan a miúdo nos seus ritmos (catalogados pola Pitchfork Media como skate-punk, vaporwave, rock , lounge e hip-hop) incluíndo piano, guitarra, saxofón e batería. É o propio responsable da composición, arranxos e produción. As voces veñen de convidados como a cantante de soul belga Selah Sue e o rapeiro estadounidense Jeremiah Jae. Archer tamén traballa como compositor e produtor para outros músicos. Traballou en sete cancións do álbum debut de Nilüfer Yanya Miss Universe, colaborou con Celeste e escribiu e produciu o seu sinxelo "Confessions" do seu álbum debut Athena con Sudan Archives.
No álbum A Western Circular de 2020 abandonou o nome artístico de Slime e comezou a usar a alteración do seu nome propio Wilma Archer. NO disco reuniu convidados destacados, entre eles Sudan Archives, Samuel T. Herring de Future Islands e MF Doom..
Discografía Álbums de estudio Company (2015) Burd (2019) A Western Circular (2020) Grotto (2022)
Mixtapes In the Brick House (2014)
EPs Increases (2011) Increases II (2012)
Singles "My Company" b/w "In One Year" (2015) "Like a Hunger" (2017) "Scarecrow" b/w "Cures and Wounds" (2018)
Como Produtor Jessie Ware - "Something Inside" (2012) George Maple - "Began to Say" (2014) Celeste - "Ugly Thoughts" from Lately (2019) Nilüfer Yanya - "WWAY Health™", “Paralysed", "Experience?", "Warning", "'Sparkle' God Help Me", "The Unordained", e "Give Up Function" (2019) Sudan Archives - "Confessions" e "Glorious" (2019) Bullion - "Loving Furlong" (2020) Nilüfer Yanya - "Same Damn Luck" (2020) Nilüfer Yanya - "The Dealer", "Shameless", "Stabilise", "Chase Me", "Midnight Sun", "Trouble", "Try" e "Company" (2022) Nilüfer Yanya - My Method Actor (2024)
Remixes Lianne La Havas - "Lost & Found (Slime Remix)" (2012)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Last Sniff de Wilma Archer e MF DOOM en youtube
Categoría:Guitarristas do Reino Unido Categoría:Personalidades do hip hop Categoría:Nados en 1991