Raúl Villamarín Rodríguez, nado en Pontevedra en 1995, é un profesor, consultor e investigador galego residente na India.
É especialista en psicoloxía cognitiva e na intelixencia artificial aplicada á industria para que os produtos e servizos sexan do agrado do cliente. Tamén é experto en ciberseguridade (colaborou coa Policía de Bombay para esclarecer varios crimes).
Traxectoria Marchou no 2012 á India nun programa promovido polo Rotary Club, alí estudou, casou e comezou a traballar.
Estudou no Stt. Xavier´s Colleg, Mumbai, conseguindo a Licenciatura en Artes (BA). Completou cun mestrado de Administración Empresarial en Tech-HR inducido e un Mestrado en Big data, ambos os dous desde a Universidad Internacional Isabel I de Castilla, España. Ademais, ten o doutoramento en Filosofía (Ph.D.), en Human-Centered AI (Tecnoloxía e Psicoloxía Cognitiva) na Universidade de San Miguel.
É o Vicerreitor da Woxsen Universidade na India e un prominente consultor tecnolóxico. É consultor en varios ámbitos académicos internacionais e cadros corporativos, incluíndo IBS Ranepa, PUCPR, Johannesburg Business School, Milpark Business School, PetThinQ Inc, e SpaceBasic Inc. O dr. Rodriguez é Profesor Visitante na Universidad del Rosario, Experto da UNESCO e membro do Consello Editorial de World Summit AI. Ten publicado artigos en revistas especializadas da súa área de estudo.
Foi recoñecido pola súa pericia na converxencia de psicoloxía cognitiva e tecnoloxías avanzadas, recibiu numerosos eloxios, incluíndo o Steven Pinker Professorship in Cognitive Psychology e o Classavo Chair Professorship en Procura Integradora e Aprendizaxe Dixital.
Raúl V. Rodriguez continúa a influír nos campos de psicoloxía, tecnoloxía e educación pola súa procura, publicacións e contribucións en varias palestras e congresos. Está detrás de tres mestrados con proxección internacional. No marco dos World University Rankings, o de Business Analytics situouse no top 150 mundial, mentres que os de General Management e o de Financial Services colocáronse no top 200.
Relación profesional con Galicia O tecnólogo cognitivo pontevedrés está inmerso no proxecto de achegar o ecosistema galego ao contorno empresarial do país asiático. É responsable, xunto con Anik Nandi que é o director, do primeiro Centro de Estudos Galegos de Asia abrindo unha oficina da Universidade de Woxsen coa axuda da Xunta de Galicia, localízase en Hyderabad, na India. O folclore, a lingua galega e o comercio son os intereses principais. O Cebtro suporá, en palabras de Raúl Villamarín, "unha revolución para Galicia" e un proxecto necesario "para conectar a parte cultural galega con India e ramificar a outras vertentes".
Tamén colabora co Celta de Vigo.
Notas
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Profesores Categoría:Investigación Categoría:Tecnoloxía Categoría:Nados en 1995