Delmiro Sarmiento Cerradelo, nado en Bande cara a 1891, foi un militar e político galego.

Traxectoria Fillo do garda civil Silvestre Sarmiento Rodríguez e de Benita Cerradelo Novoa. Estudou o Bacharelato no Instituto de Ourense. Alférez de Infantería do Rexemento de Zaragoza, foi adscrito ao Batallón de Reserva e Caixa de Recrutas da Estrada en 1920.El Compostelano, 28-6-1920, p. 2. Ascendeu a tenente na Estrada e foi declarado excedente en 1927.El Emigrado, 31-1-1927, p. 4. Despois estivo destinado no Rexemento Garellano de Bilbao ata o seu ascenso a capitán en 1930 sendo destinado a Pontevedra.El Emigrado, 16-7-1930, p. 4. Concedéronlle o retiro en xullo de 1931.La Voz de Galicia, 28-7-1931, p. 2. Militante socialista, foi elixido vogal da Comisión Executiva da Federación de Colectividades Socialistas de Pontevedra presidida por Francisco Tilve Rodríguez en 1934.La Hora, 3-3-1934, p. 2. Participou no mitin socialista de Vilariño (Cambados) en setembro de 1933,El Pueblo Gallego, 27-9-1933, p. 8. e como representante socialista no mitin contra o fascismo e a lei de amnistía do Cine Coliseum de Pontevedra en abril de 1934, xunto con Desiderio Comesaña Prado, Ramón Suárez Picallo, Manuel García Filgueira e José Adrio Barreiro.El Pueblo Gallego, 24-4-1934, p. 14.

Colaborou en El Emigrado dende 1927, onde tamén mantivo unha sección titulada "Divagaciones" nos anos trinta. Foi director de La Hora dende xaneiro de 1934La Hora, 13-1-1934, p. 2. ata o seu cesamento en xullo,La Hora, 14-7-1934, p. 3. aínda que continuou como redactor xefe ata a súa dimisión a finais de agosto dese ano.La Hora, 1-9-1934, p. 3. Foi detido o 11 de outubro de 1934 con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934.O movemento de outubro de 1934 por Xosé Álvarez Instalouse en Vigo. Participou na campaña electoral das eleccións de febreiro de 1936 a prol da Fronte Popular.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Vigo. Xulgado en Vigo o 3 de marzo de 1937 acusado de rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua coa accesoria de perda de emprego. Como consecuencia foi dado de baixa no Exército o 6 de abril de 1937.BOE, 7-4-1937, p. 920. Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, de onde saíu en liberdade condicional en 1941,BOE, 30-7-1941, p. 5732, logrando a liberdade definitiva o 20 de decembro de 1944. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940,BOE, 17-8-1940, p. 3803. e foi sancionado cunha multa de 250 pesetas en 1941. Recoñecementos

Foi condecorado coa Orde de San Hermenegildo en decembro de 1935.El Pueblo Gallego, 11-12-1935, p. 3. Vida persoal

Casou na Estrada con Dolores Sánchez Álvarez en febreiro de 1923.El Eco de Santiago, 10-2-1923, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Un fiscal fala da orixe... Epistolario (2) : De Guillán a Maquieira.

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en ano descoñecido