A estrada LU-P-5301 é unha vía da rede secundaria de Galicia, xestionada pola Deputación de Lugo. Conecta o núcleo urbano de San Clodio en Ribas de Sil, desde a Rúa Deputación, xusto no cruzamento das vías ferroviarias (anteriormente conectaba desde a ponte (coa estrada LU-P-5006), pero ao estar cedido ao Concello de Ribas de Sil, recortan os quilómetros cedidos ata o cruzamento das vías ferroviarias) co límite provincial entre Lugo e Ourense, no Alto da Cruz, no municipio de San Xoán de Río. Ten unha lonxitude de 8,2 km. Ao entrar en territorio de Ourense a estrada LU-P-5301 pasa a chamarse OU-0705. Esta estrada vertebra o municipio de Ribas de Sil, xa que facilita a conexión do centro urbano de San Clodio con varias aldeas do municipio, entre elas: Os Castros, A Cabarca, O Caroceiro, Vilardonas, Vilanova, Vilar do Mato, Cima de Vila, Cabanelas, A Fraga (Soutordei), As Portas (Soutordei), Louxadela (Soutordei), Vilariño (Nogueira) e As Fontes (Torbeo).
A estrada pasa por varios xeomiradores de interese, como o Miradoiro da Pómez, o Xeomiradoiro de Vilariñoe o Xeomiradoiro das Fontes.
Trazado A estrada parte da LU-P-5301 no núcleo urbano de San Clodio, en Ribas de Sil. A uns 130 metros do seu inicio, conecta coa estrada LU-P-5303, que se dirixe cara á parroquia de Torbeo. Logo, a LU-P-5301 continúa o seu percorrido e finaliza no Alto da Cruz, que marca o límite provincial con Ourense, onde a estrada pasa a chamarse OU-0705 no municipio de San Xoán de Río.
Notas
Categoría:Estradas da provincia de Lugo Categoría:Estradas da Deputación de Lugo Categoría:Ribas de Sil