O British Lawn Tennis Club foi unha sociedade recreativa fundada pola colonia británica na Coruña en 1893.
Historia O British Lawn Tennis Club foi fundado en decembro de 1893 polo diplomático irlandés Sydney Hamilton Little, cónsul británico na Coruña, como unha sociedade recreativa para a colonia británica na cidade galega. En 1894 varios dos seus membros participaron no primeiro partido de fútbol disputado na Coruña, xogando contra membros do Sporting Club Casino no Corralón da Gaiteira.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:A Coruña Categoría:Sociedades de emigrantes Categoría:Clubs deportivos de Galicia