Cambridge Bay (en silabario inuktitut: ᐃᖃᓗᒃᑑᑦᑎᐊᖅ; en inuinnaqtun: Iqaluktuuttiaq) é unha aldea predominantemente inuit situada na illa Victoria na rexión de Kitikmeot en Nunavut, no Canadá. É o máis grande dos dous asentamentos da illa Victoria, sendo o outro Ulukhaktok (nos Territorios do Noroeste).

Toponimia Cambridge Bay recibe o nome do príncipe Adolfo, duque de Cambridge, mentres que o nome tradicional inuinnaqtun da zona é Ikaluktutiak (ortografía vella) ou Iqaluktuuttiaq (nova ortografía) que significa "bo lugar de pesca".

Demografía

Lingua A lingua tradicional da zona é o inuinnaqtun e escríbese usando o alfabeto latino en lugar do silabario inuktitut. Do mesmo xeito que acontece en Kugluktuk, Bathurst Inlet e Umingmaktok, o silabario case non se ve na escrita habitual na vila e só o usa o goberno de Nunavut.Office of the Languages Commissioner of Nunavut – PDF Dialect Map Office of the Languages Commissioner of Nunavut – Writing systems

Notas

Véxase tamén

Categoría:Localidades do Canadá Categoría:Nunavut