Manuel Iglesias García, máis coñecido como Zaragallas, nado en Vigo en 1938, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol galego. A súa traxectoria está estreitamente vencellada ao Rápido de Bouzas, no que exerceu diversas funcións ao longo de máis de 60 anos, entre elas as de xogador, adestrador, secretario e delegado.

Traxectoria Natural de Santo André de Comesaña, herdou o alcume de Zaragallas de seu pai, Manuel Iglesias Lago. Comezou a xogar ao fútbol como medio volante no Deportivo Coia e tras destacar como xuvenil, para a tempada 1956/57 fichou polo Gran Peña, co que debutou na Terceira División ás ordes de Yayo. Na tempada 1957/58 xogou no Zeltia e durante a súa estancia en Ferrol para realizar o servizo militar vestiu a camiseta do CD Xubia.

De regreso en Vigo pasou polas filas do Atlántida de Matamá antes de recalar en 1961 no Rápido de Bouzas. Militou no club de Bouzas ata 1970, cunha paréntese na que vestiu a camiseta do Arenas de Alcabre, do que foi capitán. Inmediatamente trala súa retirada como futbolista, en 1970, colleu as rendas do Rapido de Bouzas como adestrador. Continuou exercendo diferentes funcións no club durante o seguinte medio século, actuando como secretario durante a presidencia de Manuel Seoane, como delegado, e incluso como responsable de lavar os equipamentos dos xogadores.

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1938 Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Porriño Industrial CF Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Rápido de Bouzas