Horace Alfred Damer Seymour, nado en Britghton, Sussex, o 9 de abril de 1843 e finado en Whitechappel, Londres, o 25 de xuño de 1902, foi un alto funcionario inglés que ocupou o posto de Deputy Master of the Mint, equivalente ao de director executivo da Real Casa da Moeda do Reino Unido.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Horace Seymour naceu en Brighton en 1843,Forrer, L. (1912). un dos catro fillos de Augusta Hervey e de Frederick Charles William Seymour (1797-1856)."Sir Horace Alfred Damer Seymour". Thepeerage.com"Horace Alfred Damer Seymour (abt. 1843 - 1902)". Wikitree.com

Seymour cursou estudos superiores na Universidade de Cambridge.

Carreira profesional En 1867 ingresou no Tesouro e durante algún tempo exerceu como secretario persoal de diversas autoridades, entre elas o político William Ewart Gladstone, que na súa época de primeiro ministro nomeou a Seymour Comisario de Alfándegas. Ocupou este cargo entre 1885 e 1890, cando foi ascendido a Vicepresidente de Alfábndegas.

En 1894 foi trasladado á Real Casa da Moeda do Reino Unido, onde ocupou o cargo de Deputy Master of the Mint, desde ese ano ata o seu falecemento.

Vida persoal e morte Horace Seymour casou o 17 de febreiro de 1880 con Elizabeth Mary Romully, con quen tivo catro fillas e dous fillos.

Seymour faleceu en Whitechappel, Londres, o 25 de xuño de 1902, e foi soterrado en North Creake, Norfolk.

Honras e recoñecementos

1898: Compañeiro da Orde do Baño. 1902: Cabaleiro Comendador da Orde do Baño.

1902: co gallo do seu falecemento e en memoria da súa figura, emitiuse unha medalla de prata co seu busto no anverso e, no seu reverso, a lenda FOY POUR DEVOIR / HORACE SEYMOUR / 9 APRIL 1843- / 25 JUNE 1902, deseñada polo gravador da Royal Mint George William de Saulles."Medal - Horace Seymour". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Forrer, L. (1912). "Seymour, Horace Alfred Damer". Biographical dictionary of medallists. Vol. 5. Spink & Son, Londres. Páxinas 485-486.

Craig, John (2010) . The Mint: a History of the London Mint from A.D. 287 to 1948. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-17077-2

Outros artigos

Director da Royal Mint

Ligazóns externas

"Seymour, Horace Alfred Damer, (1843-1902)". The National Archives

Categoría:Nados en 1843 Categoría:Nados en Brighton Categoría:Finados en 1902 Categoría:Directores da Royal Mint