Mufasa: The Lion King é un filme estadounidense de 2024 dirixido por Barry Jenkins a partir dun guión de Jeff Nathanson. Foi producido por Walt Disney Pictures, e é unha animación fotorrealista que serve como precuela e secuela de The Lion King (2019), o remake do filme animado de 1994. Seth Rogen, Billy Eichner, Donald Glover, Beyoncé Knowles-Carter e John Kani retoman os seus papeis do remake; os novos membros do elenco son Aaron Pierre, Kelvin Harrison Jr., Tiffany Boone, Mads Mikkelsen, Thandiwe Newton, Lennie James, Anika Noni Rose e Blue Ivy Carter. A historia amosa a Rafiki contando á filla de Simba e Nala a historia de Mufasa, como coñeceu a Scar, Sarabi, Rafiki e Zazu, a súa loita cun orgulloso león branco renegado e como se converteu en rei.

O desenvolvemento dunha precuela de The Lion King confirmouse en setembro de 2020, con Jenkins como director e Nathanson rematando un borrador do guión.

Personaxes

Aaron Pierre como Mufasa Braelyn e Brielle Rankins como Mufasa de cachorro O arquivo de voz de James Earl Jones como Mufasa emprégase na secuencia de inicio do filme. Kelvin Harrison Jr. como Taka Theo Somolu como Taka de cachorro John Kani como Rafiki Kagiso Lediga como Rafiki de mozo Seth Rogen como Pumbaa Billy Eichner como Timon Tiffany Boone como Sarabi Donald Glover como Simba Mads Mikkelsen como Kiros Thandiwe Newton como Eshe Lennie James como Obasi Anika Noni Rose como Afia Blue Ivy Carter como Kiara Beyoncé Knowles-Carter como Nala Preston Nyman como Zazu Keith David como Masego Joanna Jones como Akua Folake Olowofoyeku como Amara Thuso Mbedu como Junia Sheila Atim como Ajarry Abdul Salis como Chigaru Derrick L. McMillon como Mosi Maestro Harrell como Azibo A.J. Beckles como Inaki Dominique Jennings como Sarafina David S. Lee como Mobo Gary A. Hecker como efectos vocais dos leóns

Notas

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Barry Jenkins Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX