Domingo Martínez de Presa, finado en Feás (Calvos de Randín) o 14 de xullo de 1665, foi un sacerdote e inventor galego.
Traxectoria
En 1645 foi nomeado párroco de San Miguel de Feás, onde pasou a súa vida agás o pequeno período de 1662 que botou en Madrid para editar o seu libro. Deseñaba autómatas: instrumentos de corda movidos por auga e un conxunto de mecanismos de rodas articuladas que permiten a xeración de sons, pulsando un número determinado de cordas; caixas nas que se movían figuras; e pequenos enxeños, mesmo como xoguetes: cobras que andan, personaxes que se moven, centauros que disparan béstas, etc. Foi denunciado por algúns fregueses que o acusaron de feiticería porque non podían entender como unha cobra metálica se podía mover por si mesma. As denuncias chegaron á Inquisición, que actuou contra el, pero foi absolto. Obra
En 1662 editou en Madrid a obra Fuerza del ingenio humano y inventiva suya. Relación breve de instrumentos ingeniosos, y de movimientos particulares, en que se imitan los naturales. De nuevo sacados a luz jamás vistos, ni oídos en España. Hai unha edición facsímile de 2000.Ficha Notas
Véxase tamén Bibliografía Díaz-Fierros Viqueira, Francisco : Domingo Martínez de Presa. Publicado o 2/9/2013 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22214. Recuperado o 11/05/2025
Ligazóns externas El cura ourensano que diseñaba autómatas en el S.XVII
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Inventores de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1904