María Palomo Pineda, nada en San Sebastián de los Reyes (Comunidade de Madrid) o 2 de xuño de 2000, é unha xogadora de balonmán española. Xoga de pivote no CB Atlético Guardés e na selección feminina de balonmán de España.

Traxectoria Formouse na base do Balonmano Sanse. Co equipo madrileño anotou 101 goles en 24 partidos na súa última tempada. En 2018 fichou polo CB Alcobendas, co que debutou en División de Honor. Ao desaparecer a sección feminina do club en 2020 fichou polo CB La Calzada. Co equipo asturiano debutou en competición europea na tempada 2022-23. En 2023 fichou polo CB Atlético Guardés

Xogou de forma habitual nas categorías inferiores da selección española (13 encontros coa selección júnior e 43 coa xuvenil). En xuño de 2024 acadou o Campionato do Mundo Universitario, no equipo adestrado por Ismael Martínez.

Entrou na convocatoria previa para os partidos de clasificación do Campionato de Europa de 2024 e os Xogos Olímpicos de 2024, mais non entrou na convocatoria definitiva. Debutou coa selección absoluta en marzo de 2025, na segunda xornada do Torneo Internacional de Manzanares, preparatorio para o clasificatorio do Europeo de 2025. Notas

Categoría:Xogadores do Atlético Guardés

Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Nados en San Sebastián de los Reyes Categoría:Nados en 2000