Mitsuki Laycock, tamén coñecida como Mitski Miyawaki, e profesionalmente como Mitski, nada na prefectura de Mie (Xapón) o 27 de setembro de 1990, é unha cantante e compositora estadounidense.
Traxectoria Autopublicou os primeiros dous álbums, Lush (2012), e Retired from Sad, New Career in Business (2013), mentres estudaba composición no Purchase College's Conservarory of Music. Estes álbums eran orixinalmente o proxecto final dos seus estudos. O seu terceiro traballo de estudio, Bury Me at the Makeout Creek, foi estreado en 2014 baixo o selo Double Double Whammy.
Mitski asinou con Dead Oceans en 2015 e lanzou Puberty 2 (2016), Be the Cowboy (2018), e Laurel Hell (2022), este último alcanzou o top 10 dez en varios países. En 2022, The Guardian bautizouna como "mellor nova compositora" dos Estados Unidos. Aquel ano, coescribiu "This Is a Life" con Son Lux para o filme Everything Everywhere All at Once, recibindo un nomeamento de Premio da Academia para Mellor Canción Orixinal. O seu sétimo álbum de estudio, The Land is Inhospitable and So Are We saíu en 2023. O terceiro sinxelo deste álbum "My Love Mine All Mine" converteuse na primeira canción de Mitski e acadar o primeiro posto no Billboard Hot 100.
Discografía Lush (2012) Retired from Sad, New Career in Business (2013) Bury Me at Makeout Creek (2014) Puberty 2 (2016) Be the Cowboy (2018) Laurel Hell (2022) The Land is Inhospitable and So Are We (2023)
Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Xaponeses de ascendencia estadounidense Categoría:Estadounidenses de ascendencia franco-canadense Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na prefectura de Mie