A citocalasina E (CE) é un membro do grupo das citocalasinas e un inhibidor da polimerización da actina nas plaquetas sanguíneas. Inhibe a anxioxénese e o crecemento tumoral. A diferenza da citocalasina A e a citocalasina B, non inhibe o transporte de glicosa. Porén, a citocalasina E fai diminuír a absorción de glicosa en ratos nos tecidos intestinais ao incrementar a constante Km necesaria para que a glicosa chegue á súa Vmax, o cal significa que cómpre unha maior concentración de glicosa na súa presenza para atinxir a Vmax. Como a Vmax permanecía igual, segundo outro estudo, é evidente que a citocalasina E é un inhibidor competitivo nos sitios do receptor intestinal específicos para a glicosa.

Debido ao seu efecto antianxioxénico, a citocalasina E é un posible fármaco para tratar a dexeneración macular relacionada coa idade, un tipo de cegueira causada por unha proliferación anormal de vasos sanguíneos no ollo.

A citocalasina E é un inhibidor potente e selectivo do da proliferación celular do endotelio capilar bovino. Difire doutras citocalasinas por conter un epóxido, que é necesario para a especificidade e potencia. A citocalasina E é un potente axente antianxioxénico que pode ser útil para o tratamento do cancro e outras anxioxéneses patolóxicas. Tamén se atopou que inhibe a autofaxia, un proceso vital para a reciclaxe de células disfuncionais e compoñentes celulares. As células cancerosas favorecen a autofaxia porque esta contrarresta os estreses metabólicos inducidos por fármacos anticancro como bortezomib, e así facilítase a continua proliferación e crecemento das células cancerosas non danadas. Nun estudo confirmouse que cando se usa a citocalasina E, inhíbese a fusión de autofagosomas con lisocima e así amplificábase a morte celular debida a bortezomib, un inhibidor do proteosoma, xa que se continuarían acumulando proteínas innecesarias dentro das células cancerosas incapaces de seren recicladas por autofaxia, o que conducía á apoptose.

Notas

Véxase tamén Ligaóns externas

Citocalasina E de Fermentek Citocalasina E de Cayman Chemical

Categoría:Micotoxinas Categoría:Inhibidores da actina Categoría:Ésteres do carbonato Categoría:Epóxidos Categoría:Lactonas Categoría:Compostos heterocíclicos