O HFX Wanderers Football Club é un equipo de fútbol de Canadá con sede en Halifax, Nova Escocia. Foi fundado no ano 2018 e xoga os seus partidos locais no Wanderers Grounds. Compite na Canadian Premier League desde o ano 2019.
Historia En decembro do ano 2016, Derek Martin mantivo conversacións cos directivos da futura Canadian Premier League para valorar a posibilidade de contar cun equipo en Halifax. En marzo de 2017, propuxo a idea dun novo estadio ás autoridades municipais da cidade, contando coa aprobación da construción tres meses despois.
O 5 de maio de 2018, a Asociación Canadense de Fútbol aceptou a creación do HFX Wanderers FC como equipo profesional. Máis tarde, o 25 de maio de 2018, aprobouse o ingreso do club á Canadian Premier League, como un membro máis do novo torneo.
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta azul mariño, pantalón azul mariño e medias azuis mariño. Uniforme alternativo: Camiseta celeste, pantalón branco e medias celestes.
Estadio dereita|miniatura|200x200px|Wanderers Grounds. O equipo xoga os seus partidos locais no Wanderers Grounds, que conta cunha capacidade para 7.500 espectadores. Este estadio tamén se usa para encontros de béisbol, rugby e críquet, entre outros.
Referencias
Enlaces externos
Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol do Canadá