Os teutóns (en latín, Teutones; en grego antigo, Фεύτονες) foron un dos pobos xermánicosKrejcí (2005), p. 122 máis recoñecidos da antigüidade, recoñecidos tanto polas súas migracións como polos enfrontamentos cos romanos nas chamadas Guerras Címbricas a finais do século II a. C. Segundo o mapa de Ptolomeo, e de acordo con Pomponio Mela, os teutóns habitaban na península de Xutlandia, a carón dos cimbros.Waldman e Mason (2006), p. 797 Dende esa área, desprazáronse cara as beiras do Danubio e, posteriormente, movéronse cara ao oeste e penetraron na Galia e na península itálica provocando unha guerra contra os romanos na que, finalmente, foron derrotados por Caio Mario.
Un tempo máis tarde, Xulio César comparounos cos pobos xermánicos da súa época e, por extensión, acabou empregando este termo para todos os pobos do norte situados ao leste do Rin. Autores romanos posteriores seguiron a súa identificación mais non hai probas directas de se falaban ou non unha lingua xermánica. Probas como o seu nome tribal e os nomes dos seus gobernantes, segundo o rexistrado polos historiadores romanos, indican unha forte influencia das linguas celtas. Por outra banda, moitos estudosos consideran que as indicacións dadas polos autores clásicos sobre a terra natal dos teutóns mostran que vivían nunha zona asociada ás linguas xermánicas antigas, e non nunha zona asociada ás linguas celtas.
Na Idade Media, os teutóns inspiraron o nome francés dos cabaleiros teutónicoas (Deutscher Orden en alemán) e, máis tarde, o nome teutón referiríase aos alemáns con connotacións irónicas ou pexorativas.
Etimoloxía O etnónimo aparece en latín como Teutonēs ou Teutoni en plural, e con menos frecuencia como Teuton ou Teutonus en singular. Ten a súa orixe na raíz protoindoeuropea *tewtéh₂-, que significa "xente, tribo, multitude" (por exemplo, a deidade celta Teutates, cuxo nome se entende como "deus da tribo", coa adición do sufixo -ones, que se atopa frecuentemente tanto en nomes tribais celtas (por exemplo: lingones, senones) como xermánicos (por exemplo: ingvaeones, semnones) durante o período romano. O termo transmite a idea dunha "masa de xente", en contraste cos individuos distinguidos, como líderes ou heroes, ou aqueles que pertencen a un grupo máis elitista. Pode que orixinalmente significase "xente en armas" en protoindoeuropeo,Zimmer (2005), p. 368 como suxiren o tuzzi- hitita e o tuta luvita ("exército").
O nome teutóns pódese interpretar como celta, do protocelta *towtā ("xente, tribo"), ou como prexermánico. As súas grafías rexistradas non coinciden coa forma protoxermánica posterior *þeudō- ("nación, pobo", cf. gótico þiuda), o que suxire que, se é realmente xermánico, debe derivar dunha etapa anterior da lingua (anterior ao primeiro cambio consonántico), a menos que as versións grega e latina sexan corruptas e non representen con precisión a forma orixinal. Desta raíz, tamén se formou o adxectivo *þiudiskaz ("popular"), do que tamén se formaron o alemán Deutsch, o neerlandés Duits, o sueco Tyska ("alemán"), ou o inglés holandés "holandés"; así como o adxectivo francés tudesque e o italiano tedesco ("alemán"). Este último a través do latín medieval theudiscus.
A raíz *tewtéh₂- está tan estendida nas linguas indoeuropeas que vincular o etnónimo a outros nomes coa mesma orixe, como o bosque de Teutoburgo (Teutoburgensis saltus), é un reto.Zimmer (2005), p. 369
Máis tarde, a partir de textos latinos monásticos do século IX, o termo teutón chegou a referirse especificamente aos falantes de linguas xermánicas occidentais, un uso que persistiu ata os tempos modernos. Orixinalmente, utilizábase como unha alternativa erudita ao termo de son semellante theodiscus, que era unha forma latinizada da palabra xermánica occidental contemporánea que significaba "do pobo". Por extensión, o adxectivo "teutónico" utilizouse a miúdo de forma máis ampla para significar o mesmo que "xermánico".
Controversia sobre a orixe Os teutóns clasifícanse habitualmente como unha tribo xermánica e pénsase que probablemente falaban unha lingua xermánica, aínda que as probas son fragmentarias. Non obstante, debido á forma non xermánica, posiblemente celta, dos nomes tanto dos teutóns como dos seus asociados, os cimbros, así como dos nomes persoais coñecidos destas tribos, algúns historiadores suxeriron unha orixe celta para os teutóns, malia que, de xeito xeral, acéptase a orixe xemánico dos cimbros.Waldman & Mason (2006), pp. 797–798.
Os primeiros escritores clásicos clasificaron os teutóns como celtasŠašel Kos (2005), p.198 («Os cimbros e os teutóns coñécense como pobos "xermánicos" na maior parte da literatura clásica; porén, varios escritores antigos refírense a eles como celtas.»). aínda que, en xeral, non distinguían con claridade entre pobos celtas e xermánicos,Pohl (2004)Pohl (2004), p. 51 (« Antes de César, os romanos non tiñan un coñecemento exhaustivo dos pobos xermánicos. Nas fontes máis antigas, os cimbios e os teutóns non se denominan tribos xermánicas, senón celtas, celtoscitios ou mesmo cimerios.»). todos eles considerados "bárbaros". Ao parecer, esta distinción foi feita por primeira vez por Xulio César, cuxa principal preocupación era argumentar que as incursións no sur da Galia e Italia por parte de pobos do norte, que estaban menos influídos pola civilización mediterránea, deberían verse en Roma como un problema sistemático que podía repetirse no futuro e, polo tanto, esixía unha acción militar preventiva. Esta foi a súa xustificación para invadir o norte da Galia.Pohl (2004), p. 11 (O primeiro César designou os cimbrios e os teutóns como xermanos. Os seus contemporáneos xa viran os perigosos bárbaros do norte como os sucesores directos dos invasores galos arredor do ano 400 a. C.)
Despois de César, Estrabón (falecido arredor do ano 24) e Marco Veleio Patérculo (falecido arredor do ano 31) clasifican os teutóns como pobos xermánicos.Beck (1911), p. 673 Plinio tamén os clasificou deste xeito e especificou que estaban entre os ingevones, relacionados cos cimbros e os caucos.Plinio 4, 28
Historia
Área de asentamento O autor romano Plinio o Vello foi o primeiro en informar que os teutóns vivían na costa oeste de Xutlandia, probablemente ao sur dos cimbros, e que se beneficiaban do comercio de ámbar alí. Malia algunhas desviacións, Claudio Tolomeo asentou a tribo entre o Elba e o Oder e isto tamén foi confirmado por outras fontes antigas. Segundo escritores antigos, unha devastadora mareira finalmente obrigou aos teutóns a abandonar a súa zona de asentamento.
Isto suxire que os autores consideraban os ambróns do que máis tarde se convertería en Frisia do Norte como parte dos teutóns. Os teutóns puideron vivir ao sur do Widuu e ao norte do Eider, incluíndo a península de Angeln. Por debaixo desta liña, no curso superior do Elba, están documentadas as tumbas dos lombardos, mentres que entre o Elba e o Weser, os anglos eran nativos.
Evolución Plutarco, na súa biografía de Mario, que loitou contra os teutóns, escribiu que eles e os cimbros "non tiveran relacións con outros pobos e que percorreran unha grande extensión de territorio, polo que non se podía determinar que pobo eran nin de onde partiran". Informou de que había diferentes conxecturas: que eran "algúns dos pobos xermánicos que se estendían ata o océano setentrional"; que eran "galoscitas", unha mestura de escitas e celtas que viviran até o Mar Negro, ou que os cimbros eran cimerios, de aínda máis ao leste.Plutarco, Marius, capítulo 11
Plinio o Vello (falecido no ano 79), tamén relatou que Piteas, un viaxeiro do século IV a. C., describiu os teutóns como veciños da illa setentrional de Baltia, onde o ámbar aparecía na primavera e era comercializado polos teutóns. Abalus estaba a un día de navegación desde unha marisma ou esteiro fronte ao océano (aestuarium) chamado Metuonis habitado por outro pobo xermánico, os Guiones (probablemente os Ingaevones ou os gotones).Plinio 37.11Christensen (2002), pp-27-31
Ademais da obra de Plinio o Vello, Pomponio Mela foi unha das principais fontes utilizadas polos autores posteriores para situar os Teutóns en Escandinavia. Pomponio Mela (falecido arredor do ano 45) afirmou que os teutóns vivían nunha grande illa, Codannovia, que formaba parte dun grupo de illas nunha gran baía chamada Codanus, aberta ao océano. A maioría dos estudosos interpretaron esta baía como o mar Báltico, e Codannovia como Escandinavia.
Os textos que se conservan baseados na obra do xeógrafo Tolomeo mencionan tanto os teutóns como os "teutonoaroi" en Xermania, pero isto ocorre nunha parte do seu texto que se converteu en algo confuso nas copias que se conservan. Gudmund Schütte propuxo que os dous pobos deberían entenderse como un só, pero que as diferentes versións das obras baseadas na de Tolomeo empregaron fontes literarias como Plinio e Mela para situalos en posicións diferentes nalgún lugar preto dos cimbros, nunha parte da paisaxe da que non tiñan boa información, xa fose en Selandia ou Escandinavia, ou nalgún lugar da costa sur do Báltico.Schütte (1917), pp. 60-61
Segundo o estudoso Stefan Zimmer (2005), dado que tanto o nome dos teutóns como o dos crimbros deixaron rastros nos topónimos de Xutlandia (en Thy e Himmerland, respectivamente), "non hai razón para dubidar dos antigos relatos das orixes das dúas tribos".
Até o día de hoxe, non está totalmente claro canto tempo e ata que punto se extraeu ámbar en Xutlandia. Non obstante, suponse que o ámbar foi un precursor dos cartos a finais do século II a. C., o que converteu a Xutlandia nun atractivo centro comercial que, segundo as últimas investigacións, mantivo intensas relacións comerciais coa Selva Negra (coa fonte do Danubio). A representación de devastadoras mareiras na costa de Xutlandia é bastante probable dado o afundimento da illa de Südfall (con Rungholt) na inundación de Marcelo de 1362 na antiga zona de asentamento dos Ambróns. A costa do Mar do Norte de Xutlandia perdeu terras dramaticamente varias veces nos últimos milenios.
Guerra címbrica
Cando os cimbros deixaron Xutlandia arredor do ano 120 a. C., os teutóns tamén se uniron ó proceso migratorio.Franke (1893–1980), p. 1172-1176 Isto levou as tribos a través de Xermania. A mención da cidade romana fortificada de Teutoburgium, a uns 19 quilómetros ao norte da actual Vukovar, adoita tomarse como proba da súa participación. Non obstante, non está claro se se uniron inmediatamente aos cimbros ou se os seguiron a certa distancia. A súa participación na batalla de Noreia no ano 113 a. C. está documentada por varias fontes antigas. A expedición cruzou máis tarde o Rin e, segundo relata Caio Xulio César, devastou a Galia antes de sufrir a derrota a mans dos belgas celtas.César, De bello Gallico 7,77,12. As tribos xermánicas volvéronse agora contra a zona de asentamento romana e derrotaron a un exército romano na batalla de Arausio no ano 105 a. C. Despois diso, os cimbros e os teutóns dividiron as súas forzas. Mentres os cimbros avanzaban cara a Hispania, os teutóns permaneceron na Galia. Non foi ata dous anos despois que se uniron nun ataque conxunto contra a República Romana. Caio Mario derrotounos por separado no ano. Os teutóns, baixo o seu rei Teutobodo, sufriron unha esmagadora derrota na batalla de Aquae Sextiae (preto da actual Aix-en-Provence) no 102 a.C. e os cimbros foron derrotados ó ano seguinte, poñendo fin á Guerra Cimbrica.