Existen diversos tratados que reciben o nome de Tratado de París:
Tratado de París (1229) - fin da cruzada albixense. Tratado de París (1259) - entre Henrique III de Inglaterra e Lois IX de Francia. Tratado de París (1657) - Inglaterra e Francia alíñanse militarmente para atacar as posicións españolas en Flandres. Tratado de París (1763) - fin da Guerra dos Sete Anos. Tratado de París (1783) ou Tratado de Versalles (1783) - fin da Guerra de Independencia dos Estados Unidos. Tratado de París (1796) - rendición de Sardeña ás tropas francesas de Napoleón Bonaparte. Tratado de París (1810) - fin da guerra entre Francia e Suecia. Tratado de París (1814) - fin da guerra entre Francia e a Sexta Coalición. Tratado de París (1815) - tras a derrota de Napoleón en Waterloo. Tratado de París (1856) ou Congreso de París - fin da Guerra de Crimea. Tratado de París (1898) - fin da Guerra Hispano-Estadounidense (tamén chamada Guerra de Cuba). Tratado de París (1919), tamén chamado Conferencia de Paz de París - fin da primeira guerra mundial. Tratado de París (1920) - que unificou Besarabia e Romanía. Tratado de París (1947) - entre os Aliados e os países vencidos na segunda guerra mundial con excepción de Alemaña. Tratado de París (1951) - que deu orixe á Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro.