O Museo Numismático Nacional de México é un museo numismático e industrial que forma parte da Casa da Moeda de México. O museo está instalado na Casa del Apartado, no centro histórico da capital mexicana, unhas instalacións onde desde o século XVII se levaba a cabo o proceso industrial de separar o ouro que viña mesturado con prata das minas.
Ademais de conservar o Acervo Numismático Nacional, no museo tamén está ao dispor do público o Arquivo Histórico da Casa da Moeda, con valiosos documentos dos séculos XVII e XVIII.González Gamio, A. (2009).
Historia do edificio A antiga Casa del Apartado construíuse no século XVII para a dedicar á separación do ouro e a prata procedentes das extraccións mineiras, metais que logo se destinarían á cuñaxe de moeda na ceca mexicana."Introducción". En Palma de la Fuente, L. D. (2018).
miniatura|esquerda|Placa conmemorativa das obras para o establecemento do Apartado Nacional en 1842, colocada nas escaleiras do edificio.|280x280px
O presidente da República, Antonio López de Santa Anna ordenou en 1842 a remodelación das instalacións, sinaladamente do seu patio central, e a obra que foi realizada o ano seguinte baixo a dirección do arquitecto Lorenzo de la Hidalga. A partir de entón o edificio pasou a denominarse Apartado Xeral da Nación. Poucos anos despois, en 1848, o presidente decidiu trasladar alí a propia Casa da Moeda de México,Nava, M. (2019). onde ficou ata 1992, en paralelo a outras instalacións máis modernas inauguradas en San Luis Potosí en 1970.Rodríguez, S. (2020).
En 1895, o presidente Porfirio Díaz determinou a instalación no edifico dun museo numismático. Este proxecto sufriu unha interrupción por mor da Revolución Mexicana, e non foi ata 1918 cando experimentou un avance moi salientable, coa adquisición da sección de moeda mexicana da colección alemá Ulex.
En 1986, a Lei da Casa da Moeda de México estableceu a responsabilidade desta institución de administrar o Museo Numismático Nacional, e en 1992, ao cesar no inmoble os labores de cuñaxe, estableceuse alí a súa sede.
O museo No medio do inmoble hai un gran patio principal, rodeado de columnas, desde o que se accede ás diversas dependencias e ás escaleiras que levan á planta superior."Actividades realizadas". En En Palma de la Fuente, L. D. (2018).
Sala de fundición: un espazo de grande altura que aínda amosa o instrumental e a maquinaria orixinais do século XIX e mesmo a negritude nas súas paredes provocada pola actividade industrial."El Salón de Fundición un espacio único de arquitectura e historia". Gob.mx/cmm Sala de amoedación: o lugar onde se producía a cuñaxe logo de adelgazar as pranchas de metal obtidas na sala de fundición. Aquí consérvase a maquinaria que estivo activa na derradeira etapa da ceca, e algunhas destas máquinas adquiriron denominacións populares, como La Colorada ou La Bailarina."Salón de Amonedación cuando el metal obtiene su alma". Gob.mx/cmm
miniatura|210x210px|Modelo de escudo nacional para as moedas mexicanas, conservado no Salón do Escudo..Salón do Escudo: trátase dun pequeno espazo no que se conservan os modelos de escudo nacional utilizados para os anversos das moedas mexicanas, inspirados nunha lenda azteca."Salón del Escudo: Un águila que nos inspira". Gob.mx/cmm Galería numismática: exponse aquí unha importante colección de moedas, cuños e matrices de moedas cuñadas pola Casa da Moeda de México desde hai máis de 488 anos ata a actualidade, en diferentes períodos —Vicerreinado, Imperio, República etc—., así como diversas emisións de carácter revolucionario e local realizadas por outras cecas esparexidas polo país."Galería Numismática: 488 años de monedas". Gob.mx/cmm Biblioteca: composta por máis de 3.100 documentos dun fondo especializado en numismática e máis de 1.500 libros de consulta, que se poden consultar con cita e unha autorización."Biblioteca: Un viaje a través de las monedas". Gob.mx/cmm Arquivo histórico: o Arquivo Histórico da Casa de Moeda de México concentra un acervo documental que data do século XVII ao século XX, no que salientan documentos coloniais asinados polos vicerreis, fotografías de Porfirio Díaz visitando a ceca e outras máis de 11.000 imaxes dos séculos XIX e XX, así como 5.000 publicacións mediante as que se pode rememorar a historia dos seus traballadores, o funcionamento da ceca e os planos da evolución da arquitectura e da tecnoloxía nas instalacións fabrís."Acervo Histórico: más de 4 siglos de respuestas". Gob.mx/cmm
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de museos numismáticos
Bibliografía
García Lima, S (2017). El Ingeniero Francisco Valdés y la planta de Apartado. Museo Numismático Nacional. México. Palma de la Fuente, L. D. (2018). Vinculación, Difusión y Creación de Actividades para el Museo Numismático Nacional. Museo Numismático Nacional, México. González Gamio, A. (2009). "La Casa del Apartado". En Opinión. 15 de marzo. Nava, M. (2019). "Museo Numismático Nacional: una joya oculta en el Centro". En Chilango. 2 de febreiro. Rodríguez, S. (2020). "Hacienda inaugura ampliación del Museo Numismático Nacional". En Milenio. 6 de febreiro.
Ligazóns externas
Sitio web do Museo Numismático Nacional. Vídeo: Museo Numismático Nacional: Percorrido polo recinto das moedas Vídeo: Museo Numismático Nacional, historia de arte, cultura e diñeiro "El Museo Numismático Nacional". Mexicodesconocido.com.mx
Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos de México Categoría:Cultura de México Categoría:Moedas de México Categoría:Arquitectura de México