Donkey Kong Country: Tropical Freeze é un videoxogo de plataformas de 2014 desenvolvido por Retro Studios e publicado por Nintendo para a consola Wii U. É o quinto título da serie de videoxogos Donkey Kong Country, sendo unha secuela directa de Donkey Kong Country Returns. Lanzouse en febrerio de 2014. Un porto mellorado para a Nintendo Switch foi lanzado en maio de 2018.

En Tropical Freeze, Donkey Kong e a súa familia deben aventurarse a través de cinco illas para salvar o seu fogar, a Illa Donkey Kong, despois de que fose conxelada polos malvados Snowmads, un grupo de invasores dos mares do norte que atacaron a illa no aniversario de Donkey Kong. Do mesmo xeito que o seu predecesor, o xogo recibiu críticas xeralmente positivas. Os eloxios dirixíronse ao deseño de niveis, á xogabilidade e á banda sonora, aínda que o seu alto nivel de dificultade recibiu opinións máis dispares.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos de 2014 Categoría:Donkey Kong Country Categoría:Videoxogos de Wii U Categoría:Videoxogos de plataformas de Donkey Kong Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América