Os Coloquios Internacionais de Xeometría diferencial foron unha serie de encontros científicos internacionais organizados polo Departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, por iniciativa do seu fundador e director Enrique Vidal Abascal, que organizou persoalmente as tres primeiras edicións.

O seu obxectivo era reunir especialistas de todo o mundo en xeometría diferencial, topoloxía e áreas afíns, sendo un referente na investigación matemática en España durante varias décadas.

Historia O primeiro coloquio celebrouse en 1963 e tivo a singularidade de ser o primeiro congreso internacional de matemáticas celebrado en España despois da guerra. A serie continuou a celebrarse máis ou menos cada cinco anos, ata 2008, consolidándose como un foro internacional de relevancia na xeometría diferencial e na teoría de foliacións.

Edicións

Primeiro coloquio: do 24 ó 27 de abril de 1963. Primeiro congreso internacional de matemáticas celebrado en España despois da guerra. 7 conferenciantes e 17 participantes de 5 países. Actas publicadas pola Universidade de Santiago: Este é tamén o ano de licenciatura da primeira promoción de Matemáticas en Santiago. Segundo coloquio: do 25 ó 28 de outubro de 1967. Celebrado simultaneamente á VIII Reunión de matemáticos españoles. 11 conferenciantes e 32 participantes de 6 países. Actas publicadas pola Universidade de Santiago: Terceiro coloquio: do 18 ó 21 de outubro de 1972. 21 conferenciantes e 43 participantes de 5 países. Actas publicadas por Springer-Verlag Cuarto coloquio: do 18 ó 21 de setembro de 1978. 27 conferenciantes e 46 participantes de 8 países. Actas publicadas pola Universidade de Santiago: Quinto coloquio: do 24 ó 28 de setembro de 1984. Adicado especialmente a xeometría de Riemann e teoría de foliacións. 47 conferenciantes e 95 participantes de 12 países. Actas publicadas por Pitman: Sexto coloquio: do 19 ó 23 de setembro de 1988. 36 conferenciantes e 95 participantes de 15 países. Actas publicadas pola Universidade de Santiago: Sétimo coloquio: do 26 ó 30 de xullo de 1994. Adicado especialmente a análise e xeometría en variedades foliadas. 27 conferenciantes e 68 participantes de 15 países. Actas publicadas por World Scientific Publishing: Oitavo coloquio: do 7 ó 11 de xullo de 2008. Adicado especialmente a teoría de foliacións e xeometría de Riemann.. 77 conferenciantes e 135 participantes de 25 países. Actas publicadas por World Scientific Publishing:

Conferenciantes destacados Inclúese a seguir unha listaxe parcial de conferenciantes destacados, seleccionados atendendo á súa relevancia no desenvolvemento da xeometría diferencial e a súa vinculación cos coloquios.

Conferenciantes destacados Entre os participantes nos Coloquios Internacionais de Xeometría diferencial en Santiago de Compostela salientaron figuras de primeira orde no panorama matemático internacional, como: Georges de Rham (Lausana) – coñecido pola cohomoloxía de de Rham. René Deheuvels (París VII) Chegou a ser nomeado profesor extraordinario en Santiago e impartiu cursos de doutoramento en 1968 e 1969 con plena validez académica. André Lichnerowicz (París) – pioneiro en xeometría diferencial e gravitación. Marcel Berger (París) – referente en xeometría riemanniana e curvatura. Beno Eckmann (Zúric) – destacado en topoloxía alxébrica e homotopía. Luis Antonio Santaló (Bos Aires) – figura internacional en xeometría integral. Claude Godbillon (Estrasburgo) – creador do invariante de Godbillon–Vey en foliacións. Georges Reeb (Estrasburgo) – iniciador da teoría xeométrica das foliacións. René Thom (IHÉS) – Medalla Fields, creador da teoría das catástrofes.

Impacto científico Os Coloquios de Xeometría diferencial organizados por Vidal Abascal en Santiago foron unha iniciativa pioneira nun momento en que as únicas investigacións de Matemáticas en España limitábanse á Xeometría alxébrica e a Análise matemática en Madrid, Barcelona e Zaragoza. O seu éxito débese en parte ao apoio e difusión que lles deu o afamado matemático André Lichnerowicz, a quen Vidal coñecera en Niza en 1957. Os contactos internacionais que se estableceron foron o xerme da expansión da área de Xeometría diferencial por toda España.

Recursos A serie de Coloquios en Xeometría Diferencial celebrados en Santiago está documentada en dúas páxinas web, que inclúen fotografías, listas de participantes e referencias das actas.

Notas

Categoría:Universidade de Santiago de Compostela