Marvelous Antolín Garzón, coñecido como Marvel, nado en Casablanca o 7 de xaneiro de 2003, é un futbolista que xoga de defensa no Leganés, da Segunda División.
Traxectoria Naceu en Casablanca, de nai nixeriana, esta levouno de pequeno a España, onde foi adoptado por unha familia española aos tres anos.
Formouse como futbolista nas canteiras de Real Madrid, Atlético de Madrid, Alcalá e Rayo Vallecano, antes de regresar ao Real Madrid en 2016.
Marvel xogou tres partidos co Real Madrid Castilla en outubro de 2021 e foi eloxiado persoalmente por Florentino Pérez pola súa actuación no empate sen goles ante o Barcelona B. O 27 de agosto de 2024 foi cedido ao Córdoba, da Segunda División.
En xullo de 2025 fichou polo Leganés.
Notas
Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Nados en 2003