A Biblioteca do Museo Provincial de Lugo é unha biblioteca especializada Artigo 32 da Lei 5/2012 de 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, ″sexa de titularidade pública ou privada o seu fondo está referido a un campo específico do coñecemento″., dependente do Museo Provincial de Lugo, dentro da Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo.
Os fondos da Biblioteca están especializados en publicacións de Arte, Historia, Etnografía, Museos, Arqueoloxía, etc. Constitúe un lugar de consulta non só para o persoal do centro, senón tamén para a comunidade universitaria, especialistas e para o público en xeral que centre os seus estudos e investigacións no ámbito histórico e artístico.
O seu acceso é libre e comparte espazo co Arquivo do Museo Provincial de Lugo.
Historia A Deputación Provincial de Lugo creou o Museo Provincial de Lugo no ano 1932 e abriu ao público en xaneiro de 1934 baixo a dirección de Luis López-Martí, ocupando a ala sur do Pazo de San Marcos.
Desde 1957 o Museo Provincial de Lugo está establecido no antigo Convento de San Francisco, na luguesa Praza da Soidade.
Fondos Ademais de ofrecer un acceso libre a todos os seus documentos, esta biblioteca garantiza a custodia dos seus fondos e a investigación, conformando un centro de documentación e referencia sobre temas vencellados ás diferentes materias que atinxen aos museos.
Xera igualmente, a través do Museo, documentación relativa aos seus fondos, coleccións, exposicións, etc., que edita e publica, ampliando así o coñecemento sobre o propio Museo Provincial e do resto de museos da Rede Museística Provincial de Lugo. alt=Área de fondos da Biblioteca|miniatura|Área de fondos da Biblioteca Partindo dun pequeno volume de libros, as súas coleccións foron aumentando por mor da recepción dun fondo antigo de 1 093 publicacións datadas desde o século XV ata 1958, máis aquelas outras recibidas a través do intercambio bibliográfico con outras institucións. Engádense tamén outras doazóns, adquisicións de bibliotecas particulares e compras que anualmente vai realizando a propia institución.
Forman parte dos fondos desta biblioteca diversas monografías, publicacións periódicas, folletos, carteis, entre outros, tanto en castelán coma en galego así como noutras linguas, fundamentalmente en portugués. Conta igualmente cun facsímile do Códice Calixtino en exposición.
Catálogo Ata o ano 2020 o único catálogo dos fondos que existía na biblioteca consistía nun manual coas fichas convencionais así como varias bases de datos. O seu acceso estaba restrinxido exclusivamente ao persoal do centro.
A partir dese ano procédese a reorganización física de todos os seus fondos e ao inicio da automatización dos mesmos a través do software libre Koha.
Este tipo de catalogación permite ao público en xeral ter acceso en liña ás publicacións a través da dirección web da Rede Museística Provincial de Lugo no propio enlace ao catálogo da biblioteca.
Localización Xa desde os inicios, a Biblioteca forma parte do Museo pasando por distintas localizacións. Primeiramente, no xa referido Pazo de San Marcos e despois, no Convento de San Francisco, e aínda aquí vai cambiar, situándose ao principio nunha sala preto da entrada para despois asentarse no seu lugar actual, xunto á sala 6 do Museo, nun espazo de 116 m², que comparte co Arquivo do Museo Provincial de Lugo.
Consulta e reprodución de fondos Os seus fondos poden ser consultados, sen restriccións, de forma presencial na propia sala agás que o seu estado de conservación non o permita.
Conta tamén cun servizo de reprodución de documentos de acordo ao establecido no artigo 24 da Lei 7/2014, de 26 de setembro e o artigo 129 da Lei 5/2016, de 4 de maio do patrimonio cultural de Galicia, tanto no seu procedemento, solicitándoo a través dun formulario, como nas súas limitacións.
A biblioteca abre ao público de luns a venres en horario de 9 a 14:30 horas, agás festivos. Referencias
Véxase tamén Deputación Provincial de Lugo Rede Museística Provincial de Lugo Museo Provincial de Lugo Arquivo do Museo Provincial de Lugo
Ligazóns externas Catálogo da Biblioteca do Museo Provincial de Lugo Web da Rede Museística Provincial de Lugo
Categoría:Bibliotecas de Galicia Categoría:Museo Provincial de Lugo