Antonio Villar Febrero, nado en San Tomé (Cartelle) o 1 de decembro de 1912 e finado en Gusen (Austria) o 11 de agosto de 1941, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.
Traxectoria Os seus pais eran labregos. Ao finalizar a guerra civil española exiliouse en Francia. Foi membro da Compañía de Traballadores Estranxeiros –creada por decreto o 12 de abril de 1939– (CTE 24), con destino no departamento de Mosela. Uns 55 000 refuxiados españois foron obrigados a traballar, principalmente no exército, na agricultura e na industria de armamento. miniatura|Rexistro de Antonio Villar en Mauthausen
Capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial, foi encarcerado no Frontstalag 140, en Belfort (Francia). Ingresou en Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941, co número de prisioneiro 6 599, procedente do Stalag XI-B, Fallingbostel (Alemaña). Clasificado como católico, solteiro e de profesión Landwirt (labrego).
O 17 de febreiro de 1941 trasladárono a Gusen, co número 87 058, ao Block 13, onde morreu o 11 de agosto de 1941, ás sete da mañá, segundo o rexistro, como consecuencia dunha pneumonía.
A maioría dos deportados españois aos campos de concentración nazis faleceron en Gusen, a uns cinco quilómetros do campo central de Mauthausen. Construído para a explotación con man de obra escrava de tres canteiras e unha gran fábrica de ladrillos, funcionaba de forma autónoma, sendo as condicións de traballo aínda máis duras que no campo central. Onde se levantaba o campo construíuse anos despois unha urbanización. miniatura|Aviso de deceso, 1950
Querela O 6 de marzo do 2020 a súa veciña Nuria Rodríguez Rodríguez presentou no consulado arxentino de Vigo unha denuncia en nome de Antonio para unila á querela arxentina contra os crimes do franquismo. Ese mesmo día presentáronse outras seis denuncias en nome de todos os deportados da provincia de Ourense. O acto foi coordinado polo grupo de traballo de Ourense da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Deportación. El horror de los campos de concentración. Fédération Nationale des Déportés et Internés Résistants et Patriotes. Barcelona: Editorial Petronio. 1969. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésias. p. III-1236 Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945) Madrid: Ministerio de Cultura. p. 403. Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona: Ediciones B. Wachsmann, Nikolaus (2017). KL. Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona: Editorial Crítica.
Categoría:Nados en Cartelle Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis