Nicholas Berkeley Mason, nado o 27 de xaneiro de 1944, é un batería inglés e membro fundador da banda de rock Pink Floyd. Foi o único membro constante dende a formación da banda en 1965, e o único membro que apareceu en todos os álbums de Pink Floyd. Coescribiu composicións do grupo como "Echoes", "Time", "Careful with That Axe, Eugene" e "One of These Days".
En 1996, Mason foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame como membro de Pink Floyd. En 2018, formou un novo grupo, Nick Mason's Saucerful of Secrets, para interpretar música dos primeiros anos de Pink Floyd. Mason colecciona coches clásicos e compite en carreiras de automobilismo, e produciu libros e documentais sobre o tema. Notas
Categoría:Nados en Birmingham Categoría:Nados en 1944 Categoría:Baterías