O castro de Alobre é un xacemento arqueolóxico de gran relevancia histórica situado na localidade e concello de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. Trátase dun asentamento e recinto fortificado que data da Idade do Ferro e, que ó longo dos séculos foi testemuña de múltiples transformacións socioculturais, tras o seu uso pola cultura castrexa reutilizárono posteriormente os romanos. É considerado un dos castros costeiros máis importantes da ría de Arousa.

Localización O xacemento atópase en pleno núcleo urbano, a pouca distancia do parque botánico Valdés Bermejo e do Pazo de Vista Alegre (incluído no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia). É accesible con ramplas e escaleiras. Forma parte da ruta histórica, sendo o sétimo punto de visita, e intégrase dentro do percorrido polo Pazo de Vista Alegre, situado a escasa distancia. Preto da desembocadura do río Con e a escasa distancia do porto de Vilagarcía de Arousa. miniatura|Entada ao castro. Asentado sobre un promontorio natural, na cima do Montiño e, noutro tempo, a carón da ría de Arousa, que domina a ría, o que lle outorgaba unha posición estratéxica defensiva e comercial. Debido á súa proximidade co mar e co porto, o lugar tamén mantén unha estreita relación coa industria marítima.

Atópase recollido na folla número 152 do Mapa Xeográfico Nacional, en TR Pablo Picasso 2. A parcela na que se sitúa conta cunha superficie de 37.965 m² e localízase nas coordenadas 42º 35´ 35´´ de latitude norte e 5º 0´ 00´´ de lonxitude oeste. En coordenadas UTM sitúase en 518946X e 4715753Y, cunha altura máxima sobre o nivel do mar de 32,57 metros.

Nas proximidades atópase un supermercado Mercadona, o que prexudicou considerablemente a paisaxe natural do outeiro e, obviamente, o aspecto orixinal da zona que rodea o castro. Dada a súa proximidade ao mar e ao porto, tamén está estreitamente ligado á industria marítima.

Descrición arqueolóxica O castro de Alobre ocupa unha superficie aproximada de 1,5 hectáreas. Consérvanse restos de estruturas habitacionais de planta circular e rectangular, muros de cachotaría e niveis de ocupación superpostos.  

Consta de tres recintos con alturas diferenciadas e ben delimitadas pola presenza de estruturas defensivas que se adaptan á forma do promontorio granítico, o que dificultaba o acceso a este pequeno poboado. miniatura Existe un recinto superior, tamén denominado croa, de forma oval e disposto lixeiramente descentrado con respecto ao conxunto do lugar. No segundo recinto atópase unha terraza inferior cun desnivel de catro centímetros; ademais, esta terraza presenta anchuras diversas e esténdese de norte a sur. No sector oeste (que aínda conserva unha segunda terraza) obsérvase un desnivel semellante, aínda que neste caso non se prolonga cara ao norte, senón unicamente cara ao sur.

No informe elaborado por Víctor Tomás Botella no ano 2002 recóllense as seguintes cifras correspondentes ás estruturas defensivas conservadas:

Muralla do perímetro da croa: 110 metros. Muralla do primeiro recinto: 118 metros. Muralla do segundo recinto: 180 metros. Muralla da terraza sur: 55 metros. Lonxitude do foxo: 30 metros.

Estado de conservación Na actualidade o castro consérvase parcialmente escavado e visible. Parte da área arqueolóxica foi integrada no espazo urbano, mais mantéñense zonas sinalizadas e protexidas. O concello de Vilagarcía realiza labores periódicas de mantemento e divulgación. Nos seus arredores localízase, a pouca distancia, un establecemento de Mercadona que afectou de maneira considerable a natureza do monte e, consecuentemente, o aspecto orixinal das inmediacións do castro.

As restauracións foron múltiples debido ás diversas campañas realizadas; os materiais, en moitos casos, non son os orixinais, é dicir, os pavimentos son recreacións (na actualidade sepultados baixo unha capa de sedimento terroso e vexetación acumulada co paso do tempo).

Obsérvanse concrecións e sedimentacións terrosas provocadas principalmente por factores ambientais e climáticos, como o vento, que transportou partículas e as depositou sobre as estruturas e pavimentos, deixando completamente sepultados os novos materiais engadidos durante as restauracións.

A simple vista percíbese unha importante colonización biolóxica; isto, xunto coa terra que cobre parcialmente o xacemento, favorece a creación dun microclima que propicia un hábitat idóneo para a humidade. Non se aprecia decohesión nos morteiros nin nas cachotarías, e os traballos de consolidación realizados continúan a día de hoxe a ser efectivos.

Cronoloxía das escavacións O castro foi identificado a finais do século XIX, aínda que as primeiras escavacións sistemáticas tiveron lugar na década de 1980 baixo a dirección de arqueólogos do Museo do Mar de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela.  

Nas campañas realizadas escaváronse e recuperáronse máis de 20.000 pezas de alto valor etnográfico, artístico e histórico, segundo os especialistas. Este feito subliñou a relevancia comercial e estratéxica do xacemento. Dende o ano 1927 fóronse atopando diversos restos mobles nas súas inmediacións, entre outros achados de interese como bronces cerámica sigillata etc. miniatura Entre os abundantes descubrimentos destacan os vestixios dun hipocausto (sistema romano empregado para quentar o chan e calefactar os ambientes, utilizado especialmente en baños e termas, consistente no quentamento de auga), un concheiro e dun depósito de grandes dimensións (80 centímetros de altura e arredor de 100 m² de superficie) no que se acumulaban restos orgánicos, tanto óseos (como ósos de vaca) como mariños (como cunchas de ameixa).

Desde o ano 2001, o Concello de Vilagarcía de Arousa e a Xunta de Galicia dedicáronse a promover diversas campañas de conservación e restauración do Castro de Alobre. As labores realizadas incluíron a limpeza da propiedade, o levantamento topográfico e a intervención arqueolóxica.

Campañas executadas: 2001: Centrada na conservación, investigación e ordenación dos espazos, así como na dotación de elementos interpretativos e na creación dun órgano de xestión. 2002: Control arqueolóxico de limpieza e informe valorativo. 2003: Exhumación das estruturas arqueolóxicas. 2004: Escavación en área. 2005: Ampliación da zona escavada e conservación. 2006: Nova ampliación da escavación, restauración dalgunhas estruturas afectadas polo vandalismo e colocación de paneis informativos. 2008: Escavación da factoría romana e impulso da divulgación do valor histórico do castro mediante sesións teóricas e prácticas. 2015 2016 2019 2022: Sondaxe. 2023: Sondaxe.

Nas campañas dos anos 2015, 2016 e 2019 non se especifican actuacións concretas, mais considérase que deron continuidade aos traballos de mantemento e conservación do xacemento. Nas escavacións atopáronse materiais cerámicos da Idade do Ferro, fíbulas, muíños manuais, pesos de tear e cerámica romana. Entre os achados máis salientables destacan os indicios de actividade metalúrxica.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castro

Ligazóns externas Castro de Alobre en Vilagarcia, arte prehistorico. (s.f.). Vilagarcia Turismo. CULTURA CASTREÑA (CASTROS, CITANIAS) CASTRO ALOBRE EN VILAGARCÍA DE AROUSA PONTEVEDRA. (s.f.). Turgalicia. Páxina do concello de Vilagarcía de Arousa Catálogo do concello de Vilagarcía de Arousa Castro Alobre - Trazas - Deputación de Pontevedra

Categoría:Castros de Vilagarcía de Arousa