Blaster (tamén coñecido como Lovsan, Lovesan ou MSBlast) foi un verme informático que se propagou por ordenadores con sistemas operativos Windows XP e Windows 2000 durante agosto de 2003.
O verme foi detectado por primeira vez e comezou a propagarse o 11 de agosto de 2003. A velocidade de propagación aumentou ata que o número de infeccións alcanzou o seu máximo o 13 de agosto de 2003. Unha vez infectada unha rede (como unha empresa ou unha universidade), esta propagábase máis rápido dentro da rede porque as devasas non adoitaban impedir que as máquinas internas usasen un determinado porto. O filtrado por parte dos provedores de servizos de internet e a publicidade xeneralizada sobre o verme, frearon a propagación de Blaster.
En setembro de 2003, Jeffrey Lee Parson, un mozo de 18 anos de Hopkins, Minnesota, foi acusado de crear a variante B do verme Blaster; admitiu a súa responsabilidade e foi condenado a unha pena de prisión de 18 meses en xaneiro de 2005. O autor da variante A orixinal segue sendo descoñecido.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Morris (worm)
Ligazóns externas
Categoría:Malware