Juan Rodríguez Trillo, nado en Corveira (Mazaricos) o 17 de febreiro de 1915 e finado en Gusen (Austria) o 22 de setembro de 1942, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.

Traxectoria Exiliouse en Francia tralo triunfo do bando franquista na guerra civil española. Foi capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial e enviado primeiro ó Stalag VIII-C, en Zagan (Polonia) e despois ó Stalag XX-D, en Trier (Alemaña). Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 25 de xaneiro de 1941 co número de matrícula 4 033, e finalmente trasladado ó campo de concentración de Gusen, onde ingresou o 17 de febreiro de 1941 co número de matrícula 10 008, perecendo o 22 de setembro de 1942.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis