Astrid Elsa Fagraeus-Wallbom (nada o 30 de maio de 1913 – finada o 24 de febreiro de 1997) foi unha inmunóloga sueca.
Educación e carreira Fagraeus naceu en Estocolmo, Suecia. Obtivo o doutoramento en Medicina en 1948 do Instituto Karolinska. En 1949, foi nomeada profesora asociada de bacterioloxía no Instituto Karolinskade Estocolmo. Foi xefa do departamento de Viroloxía no Laboratorio Sueco de Bacterioloxía en 1953. En 1961–1979 traballou como primeira profesora de Inmunoloxía de Suecia, no Instituto Karolinska.
Traballo científico A tese de doutoramento de Fagraeus, titulada Produción de anticorpos en relación ao desenvolvemento de células plasmáticas, espertou interese internacional e foi considerada un fito na inmunoloxía moderna. Neste traballo, ela foi a primeira en demostrar que as células plasmáticas producen anticorpos (IgG). Ata entón, a súa función era descoñecida. Durante a súa carreira, publicou uns 80 artigos científicos e centrouse principalmente no desenvolvemento e maduración dos linfocitos T no timo. Entre as últimas contribucións de Fagraeus estivo o seu papel no desenvolvemento da vacina da polio sueca, xunto co profesor Sven Gard.
Premios e honores O traballo da súa tese de doutoramento valeulle o "Premio do Xubileu" da Sociedade Médica de Suecia de 1950. A Asociación Americana de Inmunólogos nomeouna membro honorario en 1973. Un edificio de investigación do Instituto Karolinska leva o nome de Astrid Fagraeus.
Vida persoal
Notas
Categoría:Científicos de Suecia Categoría:Inmunólogos de Suecia Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1997