Wang Daheng (en chinés tradicional: 王大珩), nado o 26 de febreiro de 1915 en Tokyo e finado o 21 de xullo de 2011, foi un óptico chinés que traballou no programa espacial do seu país.
Traxectoria Wang Daheng naceu en Tokyo (Xapón) en 1915, tendo o seu fogar en Suzhou (China). Seu pai, Wang Yingwei (王应伟), era un astrónomo que nese entón estudaba no Xapón. Wang Daheng graduouse na Universidade de Tsinghua en 1936, e foi un dos fundadores da óptica en China tanto desde o punto de vista da ciencia como da tecnoloxía. Fixo importantes contribucións no seu campo, fundando nos anos 1950 o Laboratorio de Tecnoloxía para Instrumentos e fabricando os primeiros cristais ópticos, o primeiro microscopio electrónico e o primeiro láser de China. Xunto cos profesores Wang Ganchang, Chen Fangyun e Yang Jiachi propuxo desenvolver tecnoloxía punta en China, o que se coñecería como Plan 863. En 1955 pasou a ser membro da Academia Chinesa de Ciencias. Contribuíu tamén a desenvolver sistemas ópticos para satélites de recoñemento chineses.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Academia Chinesa de Ciencias
Categoría:Físicos da China Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados na China