Josep Antoni Gayá Martínez, nado en Manacor o 7 de xullo de 2000, é un futbolista balear que xoga na posición de central. O seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Traxectoria Comezou a súa formación nas categorías inferiores do Club Esportiu Manacor. En xuño de 2016 integrouse no equipo xuvenil do RCD Mallorca. O 1 de maio de 2019 debutou co Mallorca B, entrando como substituto nun encontro de Terceira División contra o CF Sóller. O 13 de decembro de 2020 anotou o seu primeiro gol sénior ante o Formentera. O 22 de setembro de 2021 estreouse na Primeira División como titular nun partido do Mallorca contra o Real Madrid.

O 1 de setembro de 2023, Gayá foi cedido ao Amorebieta na Segunda División. O 11 de novembro dese ano anotou o seu primeiro gol profesional, un tanto que valeu un empate contra o Sporting de Gijón. O 29 de xuño de 2024, tras o descenso do Amorebieta, Gayá finalizou o seu contrato temporal co club vasco.

O 22 de xullo de 2024, Josep Gayá fichou polo Club Deportivo Tenerife. En febreiro de 2025 anunciouse a súa desvinculación co club canario e pouco despois asinou co FC Zimbru Chișinău da Liga moldova de fútbol. Con este equipo tivo a oportunidade de participar na Liga Conferencia da UEFA. En agosto dese ano fichou polo Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Josep Gayá en BDFutbol Josep Gayá en LaPreferente.com Josep Gayá en Soccerway

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Manacor Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do CD Lugo